Tuesday, June 5, 2007

BREVE ANÁLISE DAS ELECCIÓNS DO 27 DE MAIO


 

 

O señor Rodríguez, presidente do goberno, hai uns meses calculou mal o alcance que podía ter o reto lanzado sobre a opinión pública estatal cando afirmou que gañaría as eleccións aquel partido que conseguira, a nivel do estado, un voto máis que o seu opoñente. Erro groso que si tivera o talante que dí ter, deberíalle levar a aceptar que o PP gañou o pasado 27 de Maio, cando non é verdade.

         Considero que analizando o conxunto do estado, os resultados nos dín que todos perderon; uns, xa que sacaron menor número de votos que o seu opoñente, o outro por perde-lo control de autonomías e alcaldías importantes, casi todos, por perder maiorías absolutas, concelleiros e deputados en lugares politicamente moi relevantes.

         Esta consulta electoral confirma sinais inequívocas, manifestas, de que  a democracia representativa española non funciona dun xeito estable e consolidado, xa que produce unha alta taxa de abstención. Non esquezamos as ridículas cifras de participación no referéndum da Constitución europea, e os estatutarios de Cataluña e Andalucía. E non me veñan con que a xente cánsase de tantas eleccións ¡¡nin que fora tanto traballo votar!!. Do que a xente esta farta é das promesas incumplidas e de que non se recollan os seus debezos e tenten dar solución os seus problemas, os cotiás. A xente abstense por non haber alternativa, despois de cada elección prodúcese no caso de cambiar o partido da maioría, a alternancia; despois dun partido neoliberal ven outro neoliberal, unha política económica neoliberal dañina para os intereses d@s traballador@s, sustitue a outra política económica neoliberal do mesmo perfil, e así ata as próximas eleccións.

         O PSOE conseguiu menor número de votos que o PP, cando todo, según os seus razonamentos, estaba o seu favor: a economía “vai moi ben”, “estamos a ponto de acada-lo pleno emprego”,dicía hai uns días o señor Rodríguez, o que debía encher de satisfación a tod@s,  e foron aprobadas toda unha serie de leis de carácter social, matrimonios gais-lesbianas, de dependencia, contra o maltrato ás mulleres, ponse “orde no estado” coa modificación estatutaria, e o PP atopase aillado social e políticamente.

¿Por qué non acadou entón máis votos o PSOE que o PP? Creo que no fundamental, porque para a grande maioría d@s  español@s, @s que cobramos por nómina, non é certo que a economía “vaia ben” e os beneficios e obxectivos dalgunhas das leis aprobadas, as que afectan a grande maioría da sociedade, aínda non comenzaron a poñerse de manifesto, e moit@s dubidan que só con elas se acaden. Pero non deben esquecer que se leva adiante a intervención de tropas españolas en Haití, Afganistán e Líbano, que o goberno coloca ó país dun xeito descarado ó servizo dos EEUU, utilización das bases para agredir a outros pobos, voós segredos da CIA, etc.; lévanse adiante nestes tres anos as reformas laboral, para facilita-lo despido, de pensións, que fai máis difícil cobralas e fiscal para beneficio dos máis ricos; apróbase a lei de defensa, na que se establece a guerra preventiva, que tanto criticaron a Bush e Aznar, pero que tamén aprobaron no Tratado Constitucional Europeo.

¿Verdadeiramente este resultado é indicativo? Posiblemente dunha tendencia de voto, como se confirmou nas eleccións xerais de 2004 en que sorpresivamente o PSOE derrotou ó PP cando con anterioridade, nas municipais, conseguira máis votos. O PP consegue o froito da súa política de confrontación sobre aspectos conflictivos para importantes sectores da sociedade; a estrutura do estado e a cuestión da fin de ETA. É previsible que ata a celebración das próximas eleccións xerais, vexamos aumenta-la confrontación entre os dous partidos burgueses maioritarios.

Como resumo, podemos dicir que o presidente Rodriguez e o PSOE non estan consolidados no goberno, pois parte da masa social que lles votou no 2004, non lles deu nesta ocasión apoio. ¿Está castigando ó goberno, mandándolle un aviso, cando non esta en xogo a gobernabilidade do estado? É posible. Pero é un aviso amplo, pois IU e ERC, os seus aliados nas Cortes, tampouco saen moi airosos desta consulta electoral. A segunda gaña en número de concelleiros, pero os perde nos lugares politicamente máis relevantes. Para a primeira, excepto en Madrid, a perda de apoio social e institucional é alarmante, e confirma o descalabro das últimas elecións xerais, froito de impoñe-la direción, un proxecto deturpado do que debe ser unha forza-movemento da esquerda transformadora e poñerse ó servizo da forza neoliberal que detenta o goberno do estado.

 

En Galicia o relevante era confirmar se o “cambio” xerado polas elección autonómicas se vai consolidando. Desde o meu ponto de vista os resultados do 27-M, non permiten esta afirmación.

O PP segue a se-lo partido máis votado, o cal non ten importancia se non fora acompañado doutro dato máis preocupante para o goberno da Xunta, que avanza nas zonas urbáns mentres PSOE e BNG retroceden.

O BNG, despois do descalabro electoral nas eleccións autonómicas, suma agora a perda de concelleiros en Vigo, Ferrol, Pontevedra, Ourense e o estancamento en Coruña e Santiago. Nada rentabilizaron da súa presencia na Xunta e de tantos pasodobles de Quintana cos maiores, emulando a Fraga; prosegue a súa viaxe “cara o centro” iniciado por Beiras, e  perde votos, entendo eu,  pola súa esquerda. Viaxe que siñifica gaña-lo espacio social, político e electoral que pertenceu nalgún momento a Coalición Galega, representante de sectores da burguesía e pequena burguesía, absorvida, sen demasiada oposición todo hai que decilo, pola “maioría natural” de Fraga, nunha versión actual do bonapartismo do século XIX. O que tamén explica que o PP non teña con quen pactar.

E o PP aguanta en circunstancias difíciles, cando todo estaba na súa contra, desplazado de concellos importantes no ano 2003, da Xunta e en plena renovación do equipo diretivo.

Outro aspecto salientable, resultado de analizar un conxunto de eleccións, é que hai un número de votos que cambian de organización cunha certa facilidade; algúns apontanse a opcións “novidosas”, outros fuxen cara a abstención,  das opcións que se consideran de “esquerdas” diante da súa obsesión por “centrarse”.

Pódese dicir en conclusión, que a pesares de que o panorama electoral galego parece estabilizado en tres forzas políticas, hai espacio para a acción social dunha forza da esquerda transformadora, capaz de conxugar gobernabilidade con antagonismo, que recolla e organice politicamente, toda a mobilización social, todas as contradicións que en Galicia se producen e que ninguén quere asumir.

 

Galicia Maio 2007

C. Dafonte

Posted by at 23:07:53
Comments

One Response to “BREVE ANÁLISE DAS ELECCIÓNS DO 27 DE MAIO”

  1. Anonymous says:

    Algunhas matizacions o artigo do compañeiro Carlos.

    Cando se fala da alternativa, inclúese un termo, o de “gobernabilidade”, que é un concepto ambiguo que, na súa pior acepción xusto é o que estan a facer os EU IUs, BNGs, ERCs, e demáis, garantir a gobernabilidade fronte o PP, e cando as cousas ponse duras, tentan de mobilizar controladamente (o caso da Republica e o PCE e IU é de xulgado de garda, quitándolle todo o contido subvertidor que ten, para deixalo nunha frase “morriñenta” do pasado). E, de feito ao BNG, dende o PSOE, se lle acusa de que non se pode estar no goberno, e ser oposicion o mesmo tempo.
    Ademáis. Se falamos de gobernabilidade, que significa?. Pactar para xestionar o sistema?. Pero, non estamos por xestionar o sistema, estamos por transformalo.
    Pola contra, se o que se entende é que, a longo prazo, nós loitamos por gobernar, é evidente que estaría dacordo: de ultimas, a loita pola transformacion social é a loita polo poder político.

    Por outra banda, penso que non se profundiza na caracterizacion do que se chama crise da “democracia representativa”, e que eu chamo crise do rexime herdado do franquismo
    “Esta consulta electoral confirma sinais inequívocas, manifestas, de que a democracia representativa española non funciona dun xeito estable e consolidado, xa que produce unha alta taxa de abstención”.
    Correcto, pero apunta equivocado: “non funciona dun xeito estable e consolidado”, a nós non ten porque importarnos se é “estable e consolidado”. Un reximen que non pechou nengunha das feridas do 36, que é herdeiro do xurdido da derrota do 36 (a memoria historica nun rexime baseado na amnesia social é revolucionaria), é dicer, ten un pecado orixinal antidemocrático, non debe existir; se existe é por unha traicion histórica pagada coa existencia do partido ca asinou, o PCE. Por iso, si hai que caracterizar a súa crise, que non é que funcione mal, dar unha politica para profundizar a súa inestabilidade e pular para que se faga o que non se fixo no 77, a ruptura democrática.
    É importante, porque a alternativa a isa crise esta na definición dos perfis da forza transformadora pola que apostamos. O espazo á esquerda esta valeiro, porque nin o PSOE, nin o BNG, nin IU, nin ERC nin Batasuna (tola por que lle dean alguns concelleiros máis nunha política de “paz por presos”, por moito que ETA faga o que faga), son quen de enfrontar o centro da situacion: o rexime. Moitos como IU, BNG,… falan de “neoliberalismo”, falan de “anticapitalismo”, mais non falan do reximen -non so do goberno de turno- que encarna o neoliberalismo no Estado Español, deso non se fala; desapareceu nos 80 con Gonzalez, e por iso non hai unha esquerda transformadora. Isto é o que ordena un programa transformador no Estado Español.
    É máis, a relacion co rexime é o que diferencia os dous partidos burgueses, o PP e o PSOE, e, de aí, as relacions que teñen coas masas: diferenciar o que é distinto é fundamental.
    Entre o PP e o PSOE e o BNG, dentro da súa unidade como políticos burgueses intercambiables no seu neoliberalismo, ha dúas diferenzas politicas cualitativas para facer política : unha, o PP, e non os outros, é o garante das esencias do franquismo, do aparello do estado franquista que se conservou na transición; é o verdadeiro dono deste rexime, pois a oligarquia, a burguesía no seu conxunto, o rei, o exercito, a igrexa e a xudicatura, son o PP, son o mesmo conxunto social. A derrota e a illamento do PP é parte da derrota do rexime, e iso o perciben as masas.
    Consecuencia disto, é a segunda diferenza. O PSOE e en menor medida o BNG non son os donos do reximen, son os que estaban fora do rexime, e pactaron con el; e lles permiten dirixir o país en usufructo, para desviar as mobilizacions, para evitar que o movimento de masas choque co rexime, coas institucions franquistas que teñen formas democráticas. Son os “representantes” actuais das masas (no seu momento o foi o PCE), para desvialas do seu obxectivo historico, a loita pola republica e o socialismo.
    Teñen unha relacion coas masas como as que poido ter o peronismo, o velasquismo, ou máis perto de nós, cando o 80% do electores franceses votaron por Chirac fronte a Le Pen, ou calquera outra direccion politica burguesa do movimento de masas. É máis, diante do vacio de dirección politica, o enchen. Na politica, como na fisica, o vacio non existe, se non o enche unha direccion revolucionaria, o fai unha burguesa ou pequeno burguesa.
    Que son falsas conciencias, é certo (creo que foi Luckács quen estudiou a fondo iste tema na súa obra Historia e conciencia de clase), e que hai que combatilas; tamen. Mais iso non nega o caracter de esquerdas do voto, por moito que os receptores do voto sexan burgueses e neoliberais.
    A tarefa, como ben din o final, é a de resolver ista contradiccion, construindo unha forza da esquerda transformadora que “organize politicamente a mobilizacion social que ninguen quere asumir”. E que a organize dende a súa independencia fronte os pactos e as negocacions: a nosa gobernabilidade non ten nada que ver coa súa gobernabilidade. Outra cousa distinta é a de ter representacion institucional á que non debemos renunciar, para organizar mellor isa mobilizacion social.

    Mais, o documento non é explicito cómo podese avanzar na organizacion; só o formula. E os resultados das eleccions, a crise do BNG (na manifestacion de Ferrol de Reganosa, a abucheo que se levou Paco Rodriguez só foi comparable o aplauso a Beiras; e non é por que iste sexa mellor co outro, mais diante de poboacion non aparece ligado a politica de Quintana), a posicion da CIG como “oposición de esquerdas o goberno”, que non deixa de crecer nas eleccions sindicais que se estan producindo, obriga a concretar con quen se vai a facer o reagrupamento, estamos nas fases das definicions e as apostas, por moito que os procesos sexan novos e diferentes ao que aconteceu ate hoxe.
    Pero para construir esa forza social é necesario que o PSOE, e, especialmente, o BNG, rache. Libere as forzas que frea. O BNG, como IU, son imprescindibles para o rexime, como dicia un editorial do ABC cando foi da ruptura da Corrente Vermella, se IU non existira habería que creala, porque é un freo o desenvolvimento dunha esquerda por fora do rexime, verdadeiramente transformadora.
    Neste marco, chamar ó illamento do PP, non significa nengun apoio aos gobernos do “progreso”, senon unha denuncia implicita: non teñen as narices de illar publica e abertamente os complices do xenocidio iraquiano, do franquismo, do Prestige, etc., porque son parte da lealdade constitucional cos ata o franquismo. Pero isto hai que demostralo, a xente, hoxe, ainda non esta pola loita de masas pola republica, senon que, mal que ben, confia ou espera viver un pouco mellor baixo o PSOE ou o BNG que baixo o PP. Nada máis.
    Por iso, unha cousa é as denuncias e os emplazamentos as forzas da esquerda institucional, pero dende a independencia máis absoluta, e outra falar de gobernabilidades, se por elo se entende o que entenden os BNGs, IUs e demáis.

Leave a Reply