Wednesday, February 25, 2009

GOBERNE QUEN GOBERNE…A LOITA CONTINÚA

RobertoLaxe

 

As eleccions do 1 de marzo ao que esta convocado o pobo traballador galego son um feito político importante, pois decidese cal vai ser o Xunta para os vindeiros 4 anos; mas a situacion atual de profunda crise econômica e póla experiência ata o de agora, o feito é que non van resolver os problemas fundamentais dos traballadores e as traballadoras, e do pobo galego no seu conxunto.

Mas, a voz das clases traballadoras non se escoitan nos parlamentos, o único que se escoitan son voces que dabaten sobre o AVE ou a Cidade da Cultura, sobre como resgatar empresas, financeiras, construtoras, automobilísticas ou gandeiras, sobre planos alleos ás necesidades sociais e obras faraônicas,

O mais parecido son as medidas asistenciais propostas por Touriño ou Quintana de garantir os salários dos traballadores e as traballadoras afetadas pólos EREs ou estabelecer um seguro asistencial ao desemprego. Mas, qué é unha “tirita” fronte os anos de sobre explotacion e de subsídios da administracion recibidos pólas empresas, para que agora veñan com que teñen que despedir?  

A crise, que so esta comezando a mostrar as súas fauces diante da clase traballadora, vai pór ao goberno que saia diante da disiuntiva: ou se vai á causa mais profunda da crise, o lucro das empresas e os bancos, que, segundo a CIG, na ultima década acadaron um incremento do 73%, ou se vai a gobernar para eles, mentras a xornada laboral real mantense nas 10 horas diarias, a precariedade supera o 30% e os salários perden poder adquistivo.

E hoxe non serven medidas intermédias, pois, goberne quen goberne vai ter que enfrentar unha crise que xá destruiu miles de postos de traballo, e ameaza outros miles a traves dos EREs e do goteo de despedimentos individuais; vai ter que enfrontar unha nova reforma laboral pedida póla patronal e o Banco de España, com dous eixos, um, abaratamiento do despido, dous, aumento da xornada laboral.

Em fin, a nova Xunta vai ter que elexir entre facer unha política para a patronal com ou sem “tiritas” -esta é a diferencia entre o PP e os do Bipartito- e fale o idioma que fale, ou para a clase traballadora.

Mas, a clase traballadora non precisa medidas asistenciais “mentras dure a crise”, ou planos de desenvolvimento mentras a patronal recupera os seus lucros co diñeiro de todos. Precisa um plan seu para sair da crise, que rexeite os EREs e os prohiba por lei, que garanta um reparto de traballo entre todos côa reduccion da xornada, e non a ampliacion da xornada, que garanta um salário digno para viver, que garanta a estabilidade no emprego e proíba a precariedade.

Tampouco precisa planos como o acuicola ou o eólico, pensados para que os capitalistas, os galegos como Jacinto Rey, Tojeiro, Feiraco, Pescanova, Isidro de la Cal, Amancio Ortega, Jove, Mendez ou Gaioso, ou os alleos, como Endesa/Enel, saian da crise sem grandes danos nas “súas” economias, e non para cubrir as necesidades sociais alimentarias ou de enerxia.

A clase traballadora e o pobo traballador precisa planes reais de desenvolvimento baseados nas súas necesidades, alen da construccion de hospitais e centros para terceira idade, xardins de infância e centros de ensino, um plan de transportes integrado en toda Galiza, todo elo embaixo control publico, das organizacions obreiras e sociais, e rexeitando esa falácia privatizadora dos servizos que é “a xestion privada dos servizos públicos”.

A clase traballadora e o pobo traballador galego precisam, tamen, a defensa dos seus direitos democráticos como nazon (língua, cultura, etc.), que se resumen no dereito a autodeterminacion. O fracaso da reforma do Estatuto non se pode achacar ás resistências do PP e á ambiguedade do PSOE.  

É pedirlles o que non son. Ningun dos dous esta interessado em defender os direitos nacionais da Galiza, por isso, só levantando com forza a exixencia do dereito á autodeterminacion, pode avanzarse na resolucion da opresion nacional da Galiza.

Por outra banda, algunhas forzas políticas incorporan alguns dos elementos centrais desta proposta, mais non teñen um aspecto determinante na loita de clase traballadora, a unidade da clase obreira do Estado Español contra o rexime do 78.

O rexime do 78 é a maneira que teñen as burguesias do Estado para garantir a acumulacion de capital. É um cadro xuridico e legal construído sobre a reforma do rexime franquista e a amnésia coletiva dos crimes da ditadura, garantindo à impunidade das súas principais institucions, a xefatura do estado, o exercito e a xudicatura. Por elo, a unidade da clase obreira do Estado é fundamental para súa derrota, e ista unidade só pode construirse sobre o recoñecemento da existência de nacions oprimidas no Estado Español.

Por todo elo, sexa o que fose o 1 de marzo, as ameazas contra os traballadores e as traballadoras van tomar corpo de lei, nunha nova “reforma laboral”, pactada ou non côas direccions de CC OO e UXT.

Ollamos que no conxunto de Europa, a clase traballadora xá comezou a respostar a os planes “anticrise” do seus gobernos e da EU, como foi a Folga Xeral em Grecia, os centos de miles em Roma ou a folga xeral Francesa, alen dos levantamentos obreiros e populares nos países do Leste Europeo (os ex comunistas), avanzando na unidade na resposta a crise capitalista.

Neste cadro, e a pesar da vontade das direccions de CC OO e UXT, esta crecendo a necesidade dunha folga xeral contra a crise, unha folga xeral no Estado Español que de um paso na necesidade dê xuntar forzas a nível europeo contra os acordos anticrise dos gobernos da Union Europea.

Mais o gran freo ao desenvolvimento da mobilizacion social contra a crise é político. É a inexistência dun referente político que aposte póla mobilizacion das masas traballadoras contra a crise, que rompa côa loxica burguesa da xestion do que há e da negociacion de esmolas co estado, dun bloque da esquerda anticapitalista e autodeterminista que situe no centro do debate a única saída á crise, a transformacion socialista da sociedade.

O 1 de marzo resolverase quen vai gobernar na crise social atual, e para CV a clase traballadora e o pobo, ao dia seguinte e goberne quen goberne, van ter que sair á loita para defender os seus dereitos a as súas condicions de vida e traballo, e contra os gobernos do capital. Para que ista loita avance é precisa que a súa voz sexa escoitada em todos os âmbitos, desde o centro de traballo, a fábrica, a facultade ou instituto, o barrio ou a vila, ata os parlamentos, e para isso é necesario a construccion do seu referente político, próprio e independente do aparello do estado e do goberno.

Por estes motivos, nestas eleccions o chamado voto “útil” é o voto máis “inutil”, pois ao dia seguinte, a realidade vaise impór ás ilusions, e a loita contra a crise, por umha saída obreira e popular, vai ser o central para a clase traballadora e o pobo.

 

Na Galiza, a 25 de febreiro de 2009

 

 

 

Posted by at 22:59:37 | Permalink | No Comments »

Friday, February 6, 2009

GAZA: UN FITO MÁIS NO XENOCIDIO DO POBO PALESTINO


Carlos Dafonte

Desde hai máis de sesenta anos o pobo palestino mantén unha loita heroica contra do imperialismo que situou a un dos seus peóns fundamentais, o sionismo, constituído como estado de Israel, nos territorios do antigo “protectorado británico”, xurdido do tratado Sykes-Picot entre Francia e Gran Bretaña en 1916. Este tratado é asinado en plena guerra mundial, pero cando xa era previsible a derrota do imperio turco que “administraba” extensos territorios na zona. No territorio que hoxe chamamos Palestina, conformados por Cisxordania, Gaza e Israel, a poboación a principios do século XX era de 700.000 persoa aproximadamente; un 80% de musulmáns, un 10 % de cristiáns e un 8% de xudeus, e o resto doutras crenzas. A poboación xudía aumentou entre ambas guerras ata acadar unha cifra aproximada ó 31 % do total cando se proclama dun xeito ilegal a existencia do estado de Israel, sobre todo a partires do inicio das persecucións por parte dos nazis.

É necesario desmontar unha das mentiras creadas polo sionismo; a formulada como a existencia “dun territorio sen pobo e dun pobo sen terra”. Sobre o territorio de Palestina discorría a vida, desde había milleiros de anos, de centos de miles de palestinos non xudeus e desde que os británicos o ocuparon, loitaron contra do “protectorado” para constituír un estado propio; e a actitude dos escasos xudeus da zona, foi a de colaborar cos imperialistas para reprimir todos estes movementos. O caso máis exemplificador foi o da sublevación palestina iniciada en 1936, que combinou folgas xerais, resistencia civil ó pago de xuros e loita guerrilleira. A represión levada a cabo polo exército británico en colaboración con organizacións xudías, permitiu a estes últimos expulsar a numerosos palestinos das súas terras e ensaiar métodos de terror que utilizarán máis tarde.

O estado de Israel nace o 14 de maio de 1948 dun xeito ilegal, e como un estado confesional, en contra da resolución da ONU número 181, aprobada o 29 de novembro de 1947; resolución que recollía os intereses sionistas, e entregaba máis do 56% do territorio, das mellores terras, a unha poboación minoritaria e que nunha grande parte acababa de chegar. Nos contidos desta resolución vai ter moita influenza o lobby sionista norteamericano e o abandono cobarde e cómplice, das autoridades británicas, que se enfrontaron a unha campaña terrorista moi intensa levada a cabo polos xudeus a traveso das organizacións Irgún, Haganah e Stern, contra británicos e palestinos, na que destacaría a voadura do hotel Rei David, onde morreron centenares de militares británicos e o asasinato masivo de palestinos como o levado a cabo en Deir Yessin. A partires do ano 1948 estes grupos terroristas incorpóranse ó exército. É nestas circunstancias cando por primeira vez na historia do terror ensáianse métodos como o coche e a carta bomba, e toda outra seria de barbaridades a maior parte das veces contra dos civís.

Pero a pesares de ser unha resolución favorable ós seus intereses, do mesmo xeito que levan facendo desde hai sesenta anos, despreciárona e impuxeron á comunidade internacional os seus criterios e a súa política de feitos consumados. Como seguen a facer hoxe.

Pode haber alguén que xustifique o terror utilizado polos xudeus naqueles tempos, por ser moit@s recen chegados de Europa e atoparse baixo o schock que debeulles producir o coñecemento das cifras do holocausto e afectad@s pola perda de numerosos familiares, amigos, etc., e dispost@s a utilizar calquera método con tal de conseguir un estado que os protexera e puidera evita-la repetición do sucedido baixo o dominio nazi. Non hai xustificación algunha para a ocupación violenta do territorio, a “limpeza étnica” que seguiu a esa ocupación e obrigar a un sector importante da poboación palestina a vivir en verdadeiros campos de concentración que moitas veces convértense en campos de exterminio. En momentos en que unha grande parte da comunidade internacional estaba a favor da creación dun “fogar xudeu”, eles utilizaron o terror e a violencia desprezando a vía diplomática e a negociación.

Abraham León sostuvo, ó marxe de que o xudeu é un pobo-clase, que o sionismo é a ideoloxía da burguesía xudía oprimida entre o feudalismo en ruínas e o capitalismo en decadencia, polo tanto non é un produto do desenvolvemento das forzas produtivas. Mentres a creación dos estados nacionais son consecuencia do pulo do capitalismo, o sionismo é da etapa da súa decadencia e polo tanto a creación do estado xudeu, como produto da burguesía sionista, nunca vai conseguir os seus obxectivos. Este si que é un “estado fallido” utilizando a terminoloxía dos EEUU e os seus aliados imperialistas.

Estado que despois de tantas décadas, non poden seguir utilizando o argumento de que as súas accións criminais contra d@s palestin@s, teñen por obxecto garantir a supervivencia do estado de Israel. A súa supervivencia esta garantida en primeiro lugar, e o ten amosado en todos estes anos, por ter un exército e un servizo de intelixencia dos máis poderosos do mundo, dotados de tecnoloxía punteira e capaces de defende-lo seu territorio de calquera ataque; pero en segundo, e non é un argumento menor, as potencias imperialistas mundiais son garantes da existencia do estado de Israel e intervirían con todo o seu potencial militar, para protexelo. Seguir recorrendo o mito da súa seguridade non deixa de ser un argumento mentireiro, pois todos sabemos, e podiámolo poñer como un terceiro aspecto, que mantén relacións diplomáticas con Exipto e Xordania, antigos inimigos, e Siria desde a desaparición da URSS, pouco debe preocuparlle a Israel. Outro antigo inimigo Iraq, tampouco esta hoxe en condicións de representar perigo algún. Polo tanto hoxe os seus inimigos son menos numerosos que hai uns anos, e se existen é pola intransixencia e a conculcación sistemática que o estado de Israel fai do dereito internacional.

Israel é unha peza clave da estratexia imperialista de control das fontes de enerxía e para impedir saídas democráticas para moitas ditaduras da zona.

Pero non só defende os intereses estratéxicos dos EEUU na zona, senón que é e foi tamén un pión importante ó servizo deses intereses noutras partes do mundo. Israel apoiou o réxime racista de Sudafrica e lle suministraba armamento nos momentos do boicote mundial; tamén a Irán na guerra con Iraq, como axente intermediario dos EEUU; e á “contra” nicaragüense, os partidarios da ditadura somocista desaloxados do poder pola revolución sandinista, así como á Xunta Militar de Guatemala, acusada de xenocidio contra a poboación; asesores militares de Israel asesoran ó narco-goberno colombiano e os paramilitares, e cada vez máis os intereses dos EEUU no continente africano teñen na política dos sionistas, un piar fundamental. Comezando polo apoio a Marrocos e a construción do muro, onde se utilizaron técnicas moi sofisticadas de control e detección, que divide os territorios do pobo saharaui.

A loita do pobo palestino ten pois, dúas vertentes, a loita polo dereito de autodeterminación para acadar un estado propio, pero este obxectivo vai ligado ó debilitamento do sionismo e polo tanto ten un forte contido antiimperialista que de trunfar trastornaría en parte, os obxectivos das grandes potencias na zona e o seu control da mesma. A Israel non lle interesa un “estado palestino viable”, necesita do importante exército de reserva que hoxe son @s palestin@s; a constitución do seu estado, con capacidade política, pero sobre todo económica, poñería fin a unha situación que tanto o beneficia a nivel económico e onde o militarismo perdería parte da súa influencia. Israel necesita manterse en guerra permanente, os EE.UU e o sionismo necesitan esta situación, para que os militares sigan a constituír o espiñazo do estado e, aducindo razóns de seguridade, a democracia sexa deturpada dun xeito cotiá.

Porque esa e outra das mentiras que o sionismo e os seus órganos de propaganda, moi poderosos, difunden de cote. Que son a única democracia nunha zona onde florecen as ditaduras e os integrismos. Israel non é un país democrático, non o pode ser o que permite a tortura, o que establece normas étnicas e relixiosas para gozar de dereitos, o que non permite a concorrencia dos partidos da minoría palestina ás eleccións, nin que unha parte da súa poboación se poda expresar politicamente, onde a información é manipulada, onde os militares e os integristas relixiosos teñen o poder desde a súa fundación, onde as actuacións de carácter nazi-fascista é a norma nas relacións internacionais, lembremos a actuación do fascismo italiano e o nazismo alemán na Sociedade de Nacións; cando unha parte importante dos seus habitantes pensan que son “o pobo elixido de deus” e mantéñense polo tanto, na irracionalidade máis absoluta que conduce ás súas actuacións.

A vitoria electoral de Hamás, vitoria limpa, democrática, que expresa a vontade do pobo palestino, foi considerada polos “demócratas” da Unión Europea e do goberno dos EEUU como inaceptable. O curioso é que durante a ocupación israelí dos territorios palestinos o número de mesquitas creceu de cinco ou sei ducias a varios centenares; a estratexia israelí foi potencia-los movementos relixiosos para enfrontalo á laica OLP á que alcumaban de “comunista”. Sempre, e ten relación co anterior, lembro unha anécdota relatada polo profesor Samir Amín, cando a Nasser, na súa presencia, coméntanlle a celebración do I Congreso Islamista Mundial, e o presidente exipcio o valora como a resposta dos EEUU á celebración da Conferencia de Bandung, onde se creara o movemento coñecido como “Non Aliniados”. O apoio ó integrismo relixioso, foi a resposta ós devezos dos países árabes que nos últimos sesenta anos, tentaron dar alternativas ás saídas neocoloniais; unhas veces de carácter nacionalista burgués e outras de carácter socialista.

Non hai xustificación algunha para a barbarie cometida en Gaza polos sionistas nos dous meses pasados; nin para a complicidade, co terrorismo de estado, dos gobernos da Unión Europea, o do estado español incluído.

O que menos importan nestes momentos son as razóns aducidas, se uns foguetes caseiros, se o partido de Barak, ministro de defensa e membro da Internacional Socialista, necesitaba votos para as próximas eleccións ou si Obama…o que non debe soportar a comunidade internacional, mellor dito os pobos deste planeta, xa que a maioría dos gobernantes son os seus aliados, é a existencia dun “estado matón” que non cumpre norma algunha do dereito internacional nin das convencións sobre dereitos humanos, guerra, etc.. E a todo pobo fronte a unha ocupación de carácter xenocida, se lle debe recoñecer o dereito á resistencia.

Polo tanto a mobilización contra do sionismo e en solidariedade co pobo palestino, ten que ser unha actividade non só dos revolucionarios e antiimperialistas, senón dos demócratas e os que defendan os máis elementais dereitos humanos.

Mobilización para boicotear os produtos procedentes de Israel, de capital xudeu e daquelas empresas que apoien ó sionismo; presión para que o Tribunal Penal Internacional xulgue e condene ós dirixentes e os que teñan intervido nos actos de xenocidio; sobre os gobernos “democráticos”, para que non se comercie con Israel, cese a venda de armamento e instrumentos de represión así como se tomen medidas diplomáticas de illamento contra do estado terrorista; para que a Unión Europea lle retire o estatuto de “país favorecido”; para que se lle faga pagar a Israel todos os danos producidos tanto materiais como en vidas humanas e corra cos costos da ocupación.

E solidariedade co pobo palestino, comezando por espalla-los contidos da súa loita para facer fronte ás campañas de desinformación dos medios e das axencias de noticias e facerlles chegar, desde todos os lugares de Galicia, a posición firme de que estamos con eles, que lles respaldamos na súa loita e que case tod@s @s galeg@s sentímonos palestin@s.

En Galicia no mes de febreiro de 2009

Posted by at 19:12:17 | Permalink | Comments (1) »

Wednesday, December 24, 2008

INTERVENCIÓN NO “FORO SOCIAL GALEGO” NO DEBATE “POR UNHA ALTERNATIVA Ó MODELO CAPITALISTA”

Carlos Dafonte

Celebramos este Foro nun marco de crise xeral do sistema capitalista, perceptible por todos os sectores sociais, e que por primeira vez en moito tempo afecta ó conxunto do centro do sistema, ós eslavóns máis poderosos da cadea imperialista e como consecuencia, a todo o planeta e non só, como en outros momentos, á periferia; é unha etapa máis da crise que deu comezo a finais dos anos sesenta do século pasado. Podemos falar, pola extensión do capitalismo á totalidade de áreas económicas do planeta e do xeito en que afecta a todos os estadios da vida, de crise de “civilización”. Da crise da civilización burguesa.

Pensamos que ten importancia, en primeiro lugar caracteriza-la crise, distingui-lo que é fundamental do accesorio, o estrutural do conxuntural, causas, pois da caracterización da mesma dependerán, como activistas sociais ou políticos, as nosas propostas programáticas á sociedade, as nosas tarefas como movemento anticapitalista, as alianzas e o tipo de organización que necesitamos.

A crise de hoxe ten os seus inicios na segunda metade dos anos 60 do século pasado, nas recesións dos anos 67 e 69-70, que explican as mobilizacións populares, desde Francia a Xapón, de México a Italia, dos EEUU a Alemaña, resposta ó inicio do estancamento económico, inflación, desemprego etc.; situación que a suba do prezo do petróleo de principios da década dos 70, deixa ó descuberto con toda a súa crueza.

A partires desa data, numerosos economistas, sinalan a concatenación de fondas crises económicas mundiais, que as veces se poden caracterizar como recesións, nos períodos 1973-75, 1979-82, 1991, 1997-98, 2001 e a actual, que comeza a partires de 2007.

Intercaladas algunhas veces, e outras poñéndolle nome, atopámonos coa chamada crise da débeda dos primeiros anos 80, que situou na picota ó sistema monetario mundial, a do dólar de 1985, o “crac” das bolsas de 1987, a chamada “crise do tequila” de México de 1994 con todas as implicacións para a economía dos EEUU, a asiática de mediados dos 90, a de Rusia e Brasil de 1998 e a chamada das “puntocom” de principios de século. E sobrevoando sobre todas elas o estalido da burbulla financeira e inmobiliaria de Xapón de principios da década dos anos 90 do século pasado, á que non atopa saída e que fai caer á súa economía en longos períodos de deflación.

Como podemos observar é unha crise moi ampla, que afecta con ciclos moi curtos de recuperación, ás principais potencias do sistema capitalista, que ten repercusións en todo o planeta e xera, cada vez que se manifesta a onda recesiva, millóns de parad@s, marxinad@s, fament@s, tamén naqueles países que hai poucos anos eran o modelo a copiar por gozar dunha boa saúde económica, por aceptar, dicían, as recomendacións do Fondo Monetario Internacional. Refírome ós chamados “tigres asiáticos”.

As políticas de toda índole chamadas xenericamente neoliberais, teñen por obxectivo darlle pulo o proceso de acumulación, cargando sobre os traballadores e traballadoras asalariad@s todo o peso da crise, aumentando os índices de explotación, pero esquecendo a advertencia de Marx de que os límites á produción capitalista son superados “con medios que volven a levantar diante dela os mesmos límites aínda con maior forza”. Neste senso, a superación do proceso de crise actual, levará a outra máis fonda, que destruirá maior número de forzas produtivas que no período anterior.

Atopámonos pois cun futuro, en ausencia de enfrontamentos armados directos entre as grandes potencias, de crises moi fondas con períodos de recuperación moi curtos, nos que os máis poderosos van a extremar o grao de explotación e marxinación dunha parte moi importante do planeta e no propio centro do sistema capitalista, que tamén conta con centro e periferia, como pode ser a Unión Europea, propostas como a chamada Directiva Bolkestein ou a xornada de 65 horas semanais, pódense converter na realidade cotiá. Todas as consideracións anteriores e as crises ecolóxica, enerxética, alimentaria, da democracia, etc., permiten afirmar que nos atopamos diante dunha crise estrutural do capitalismo. Non é estrano que algúns falen de refunda-lo capitalismo.

Estes días estase a falar moito das causas que producen a crise; fálase de crise de sobreprodución, de crise de subconsumo; algúns chegan a dicir de que as causas están na falla de ética de determinados dirixentes financeiros, como se o capitalismo fose ético, e outros que si é o exceso de capital financeiro ou bótanlle a culpa ó propio neoliberalismo. Neoliberalismo que, como xa sinalamos, foi a receita aplicada pola grande maioría dos gobernos como solución para paliar o descenso da taxa de ganancia, e a política que permitiu a súa recuperación aínda que sexa por períodos curtos.

Porque a realidade é que ningunha das devanditas, desde o meu punto de vista, é a xénese da crise, aínda que en toda crise prodúcese subconsumo e sobreprodución. A crise é o resultado da contradición que xera o propio proceso de acumulación, contradición entre o capital que se valoriza coa explotación d@s traballador@s e a introdución constante de maquinaria que a competencia intercapitalista obrígalles a empregar para abarata-los custes. Mentres o traballo vivo, os traballadores e traballadoras, é a única fonte de plusvalor, o capitalismo leva adiante o seu proceso de acumulación tendendo a substituír man de obra por maquinaria, facendo mingua-la fonte do mesmo. Marx clasificaba a inversión que realizan os burgueses en capital variable “v”, salarios para compra-la forza de traballo, e capital constante “c”, para a compra dos outros factores. A relación entre “v” e “c” era ó que Marx chama composición orgánica do capital. Deste xeito a taxa de ganancia tende a descender conforme avanza o proceso de acumulación. A tendencia ó descenso da taxa de ganancia, é a expresión máis radical da contradición que trae consigo o desenvolvemento das forzas produtivas baixo o capitalismo.

Este é un sistema tan inxusto, pensa tan pouco no ser humano, que canto máis se progresa, cando grazas ó traballo humano, que tamén permite as mellores técnicas, é posible mellora-las condicións de vida de toda a humanidade, por estar este progreso e o froito deste traballo, en mans dos propietarios do capital, por non estar socializado, as clases dominantes, as oligarquías que dominan o planeta, conseguen que o progreso se volva contra os traballadores e traballadoras, deixando na desocupación, a precariedade, a miseria, a unha parte maioritaria da poboación do planeta, cando as condicións están creadas para poder avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

O atranco fundamental para o benestar da humanidade é o propio sistema capitalista; ese é a orixe das crises e mentres non se lle poda substituír por outro sistema, a humanidade, @s traballador@s de todo o planeta, estarán sometidos ás consecuencias das constantes crises que eles non xeran pero teñen que solucionar, con máis horas de traballo, con menor salario, con pensións máis baixas, con peores servizos públicos, con menor cobertura de paro, etc. O capitalismo nunca estará ó servizo do ser humano. Non hai máis que observa-lo planeta para comprobalo.

E non hai posibilidade algunha dunha nova “era keynesiana”, cargada de reformas, como queren facernos crer algúns. Non hai saída socialdemócrata á crise; o capitalismo precisa das políticas neoliberais para recupera-la taxa de ganancia e non hai partido nin organización política que acepte o sistema capitalista, que este disposto a levar adiante unha política distinta á que establecen os centros de poder económico.

A experiencia nos di, que na fase en que as forzas socialdemócratas foron dominantes, non se lograron reformas fondas e duradeiras na estrutura da sociedade. E coa chegada da vaga neoliberal, os antigos socialdemócratas integráronse perfectamente na nova corrente e moitas veces foron, e son na actualidade, os máis intransixentes na aplicación desas políticas. Independentemente que nestes tempos, algúns partidos tenten “vendernos” unha solución política que nos últimos anos rexeitaron, tanto cando estaban no poder como na oposición.

Nesta situación, que non é produto do noso maxín, unha utopía, que é real, os alicerces para unha acción transformadora, revolucionaria, para avanzar cara a unha nova sociedade, están creados. Nunca creouse tanta riqueza, nunca houbo tantos adiantos, e nunca tan poucos gozaron de tanto.

Considero que neste Foro Social, convocado por primeira vez en Galicia, débese ratificar dun xeito nidio o carácter anticapitalista do mesmo, e a mellor forma de levalo a cabo, non é facendo só unha declaración, senón discutindo o que para algúns sectores sociais convértese nunha demanda: que alternativa presentamos desde Galicia, fronte á realidade capitalista; non como reformamos o capitalismo para darlle unha faciana máis humana, cuestión imposible, senón de que xeito traducimos á realidade o coñecido lema “outro mundo é posible”. Conscientes de que para edificar esa nova sociedade non hai formularios nin receitas. Só experiencias, e en moitos casos, falladas, negativas.

Podémonos facer unha primeira pregunta; ¿debémoslle poñer nome a esa sociedade alternativa á sociedade capitalista?. Coido que si, aínda que o termo socialismo esta cargado de connotacións históricas non moi favorecedoras, pero mentres o capitalismo expresa a realidade de hoxe, o dominio dunha minoría, do capital, sobre a sociedade, sobre a maioría, o termo socialismo expresa o que debe se-lo poder da grande maioría, obxectivo prioritario para nos. Porque a diferencia do capitalismo onde o económico determina o resto das esferas da sociedade, e é un sistema de explotación que ten como único obxectivo conseguir beneficios para unha minoría, que oprime ó resto da sociedade no seu conxunto e o individuo como tal, na sociedade socialista o obxectivo debe ser o benestar das grandes maiorías e polo tanto non poden estar presentes nin a explotación económica, nin a opresión política e a liberdade, a igualdade e outro xeito de entende-la democracia deben se-los alicerces sobre os que se edifique.

Así pois, fronte os liberais que pulan o individualismo a privatización de todas as esferas da sociedade e polo tanto que a competitividade e a insolidariedade sexan a base de como entenden o progreso social, e os que poñen o estado como motor e centro de toda actividade económico-social e instrumento central da emancipación humana, debemos levanta-la bandeira do control pola sociedade de tódalas esferas da vida e que a transformación da mesma, sexa obra da actuación consciente, solidaria e voluntaria das persoas que compoñen esa sociedade, a traveso dunha verdadeira revolución da maioría. E quero facer fincapé na idea de que o socialismo non pode ser unha sociedade con dominio do estado, onde todas as decisións se toman nos chanzos superiores e as iniciativas corresponden ós funcionarios do goberno. A sociedade socialista ten que ser democrática e participativa.

Polo tanto socialismo debe significar expresar dun xeito distinto a como se veu facendo ata hoxe, toda unha serie de valores relativos ás relacións do home e a muller na sociedade e co medio no que viven, coa natureza, como individuo inserido na produción, na actividade política e no respecto polas diferentes culturas. Expresouno moi ben Guevara, do que se trata é da creación dun home e unha muller nov@s, dunha nova cultura e un novo tipo de sociedade, caracterizada pola ausencia de todo tipo de opresión e explotación, onde a solidariedade sexa o fundamental, a creba da división entre o poder constituinte, a sociedade, e poder constituido, os gobernantes, sexa unha realidade e a reconciliación do home e a muller, como xa sinalamos, coa natureza, un feito. O socialismo pois non é unha forma de capitalismo, un capitalismo con faciana humana como moitas veces dan a entender os que se seguen a chamar Partidos Socialistas.

Quero, aínda que sexa só para sinalalo, non vou entrar nese debate, que desde o meu punto de vista, debémoslle chamar socialismo a un proceso e non a unha etapa cara ó comunismo, e como todo proceso ten unha saída que é a vella sociedade, con todos as súas chatas e defectos e, como dicía Marx o principal defecto era a natureza dos seres humanos orixinada na antiga sociedade. Un primeiro atranco con que se van a atopar os que participen no proceso é que a maioría da sociedade non vai actuar como xa se ten dito moitas veces, como unha familia humana e se van tentar solucionar-los problemas en función dos intereses propios de cada un e cada unha.

Polo tanto o socialismo debe ser un proceso de construción e destrución; de destrución da vella sociedade e construción do home e a muller nova. E actuaremos como unha familia humana cando aceptemos que o benestar dos demais nos beneficia a todos e a todas.

Como dicía Karl Marx, hai que construir unha sociedade de produtores asociados, onde tod@ssexamos capaces de desenvolver todos os nosos potenciais creativos e o obxectivo fundamental sexa o desenvolvemento de todos os factores que ten o ser humano e onde as distintas funcións sociais, para este novo individuo, van ser diferentes modos de actividade das que se ocupará sucesivamente.

Só ca practica revolucionaria se edificará esta nova sociedade e nacerán os novos seres humanos.

Hai en resumo, que poñer fin á dinámica capitalista de producir persoas fragmentadas e parceladas e rachar dunha vez por todas ca división entre o que se fai e o que se pensa.

Pero para levar adiante toda esta serie de novos valores, é necesario plasmalos nun proxecto, que sexa recollido nun programa e chegue á sociedade a traveso dun discurso, claro, diáfano, nidio.

Algúns elementos desa nova sociedade, sen os cales non se poderá falar de avanzar cara a unha sociedade socialista, deben ser:

  1. A propiedade colectiva dos medios de produción e da banca, único tipo de propiedade que permite avanzar á sociedade a un estadio superior. Onde todos os recursos se poñan ó servizo da sociedade e non da obtención do beneficio particular. Na época do imperialismo, da transnacionalización das empresas, das deslocalizacións, esta premisa toma maior relevancia como única forma de devolver ós pobos a capacidade de decisión fronte ós grupos económicos deslocalizados que dominan o mundo.

  2. A planificación centralizada da economía, que só pode ser efectiva se os medios de produción están en mans da sociedade. Pero para que esta medida sexa eficaz, o control e a participación democrática de tod@s debe ser un feito, así como o grao de centralización do plan. É o único xeito para aproveita-lo maior número de recursos de todas as ramas da produción e no maior número de países. Os capitalistas planifican para unha minoría, as grandes empresas e uns miles de oligarcas; xa é hora de que se planifique para a maioría e pensando no seu benestar.

  3. Un novo concepto de democracia, baseado na participación e control por parte da sociedade de todos os aspectos da vida, comezando por democratiza-la produción, o control dos elixidos e a garantía dunha información veraz. O que se ven a chamar “democracia participativa”, onde coexistan formas de democracia directa e indirecta.

  4. O establecemento dunha “nova xeración” de dereitos humanos, tanto no aspecto social, cultural, das crenzas, etc., como no económico e político.

  5. A sociedade debe ir asumindo funcións do estado. Xa o dixo Marx hai moitos anos, o estado capitalista non serve para construi-la nova sociedade.

  6. Autoxestión. Só será posible co compromiso d@s traballador@s. E debemos ser conscientes que sen democracia na produción non haberá nin nova sociedade, nin o “home e a muller novos”.

    Este compromiso significa combina-la concepción do traballo coa súa execución.

E produción, na nova sociedade que se quere crear, non debe ser considerada só a actividade que se realiza na fábrica ou no centro de traballo; na nova sociedade, a diferencia da sociedade capitalista en que a produción esta orientada á obtención de beneficio individual, debe ser considerado todo o que este orientado ó autodesenvolvemento da persoa, e só a traveso dun proceso en que estean involucradas nas tomas de decisións que lles afectan, as metas da produción poden ser asumidas como as metas do pobo.

E para ir finalizando unha longa cita de Lebowitz: “No mundo que queremos construir hai toda unha serie de características e relacións que coexisten simultaneamente e apóianse entre si. A toma de decisións democráticas no traballo, substituíndo á dirección e a supervisión capitalista; a dirección democrática nas metas de actividade por parte da comunidade, no lugar da dirección capitalista; a produción co propósito de satisface-las necesidades, no lugar do obxectivo da ganancia privada; a propiedade común dos medios de produción, en lugar da propiedade individual ou dun grupo;unha forma de goberno democrática, participativa e protagónica, en vez dun estado todopoderoso e por enriba da sociedade; a solidariedade baseada no recoñecemento da nosa común humanidade, en vez da orientación cara ó interese persoal; o enfoque cara o desenvolvemento do potencial humano, en lugar de cara a produción de bens. Todas estas características son parte dun novo sistema orgánico: a verdadeira sociedade humana.

E por último, algunhas reflexións sobre o suxeito revolucionario. A manifestación con moita forza nos últimos anos, de toda unha serie de movementos sociais, ó tempo que os partidos da esquerda anticapitalista, que recollían en grande medida os intereses obxectivos dos traballador@s asalariad@s entraban nunha fonda crise, abriu as portas a toda unha serie de reflexións sobre as contradicións fundamentais no capitalismo actual e polo tanto o cambio no suxeito revolucionario; pasouse de analizar este cambio en función de intereses de clase social, que clase ou capas sociais son as máis interesadas en poñer fin ó sistema capitalista e van esta-la fronte do proceso, das mobilizacións e disposta ós maiores sacrificios para que ese cambio se produza, a facelo en función de movementos sociais, interclasistas, que hoxe teñen determinada capacidade para mobilizar sectores da poboación.

Desde o meu punto de vista, e a situación na que estamos inmersos, penso o ratifica, a contradición capital-traballo segue a se-lo eixo central, o centro, a que ocupa o lugar preeminente no capitalismo globalizado, no imperialismo. @s traballador@s asalariad@s son a grande maioría da sociedade, e dentro desta clase o núcleo duro da mesma, a clase obreira, o traballador e traballadora da industria, os máis interesad@s en poñerlle fin a unha situación que lles fai cargar co peso da crise que outros xeran, e que cando se produce unha etapa de expansión é a quen se lle obriga tamén ós maiores sacrificios para que esta dure o máximo posible. Pero hai que aceptar que a clase traballadora sufriu transformacións, que sempre se producen cando varía a composición orgánica do capital. Pero tan clase traballadora é o que traballa como o que non o fai, ou se lle obriga a converterse, en determinadas circunstancias, en autónomo.

Polo tanto o proceso cara o socialismo precisa que o máis axiña posible, se recompoña a esquerda e dentro da mesma o seu eixo fundamental, o movemento obreiro nas súas dúas vertentes, a sindical e a política; e o que coñecemos como movementos sociais terán un papel importante como aliado, de quen sen dúbida vai levar o peso das transformacións sociais, a clase traballadora.

En Galicia no mes de decembro de 2008

Posted by at 22:17:32 | Permalink | Comments (7)

Wednesday, December 3, 2008

AUTODETERMINACIÓN E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Roberto Laxe

 

A Carta europea de 1983 define a ordenación do territorio como a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade; sobre ela construise a planificación do territorio e do litoral, do urbanismo e a vivenda, nas condicions concretas dunha sociedade, e tem unha importancia decisiva para o seu desenvolvimento e intregacion.

O caso galego é un exemplo de cómo unha ordenacion do territorio feita á medida da division social do traballo no Estado Español favoreceu a desintegracion social, a emigracion e a dependencia. De feito, este debate non existira –ou tería outros eixos- se Galiza tivera a poboacion que lle correspondería sen emigracion, perto dos 5 millons, e non os 2.7 millons atuais. Habéria problemas, mas non serían estos.

A aposta da atual Xunta segue os mesmo critérios do pasado, favorecendo as tendências centralizadoras do Estado Español e, poren, desintegradoras socialmente, côa pretension de concentrar a poboacion e tres grandes áreas (A Coruña, Vigo e Compostela), utilizando como ferramenta o polémico AVE - en realidade un Tren de Altas Prestacions, que esta a liquidar calquer posibilidade dun camiño de ferro integrado nas necesidades da sociedade galega-.

O que esta a acontecer non é máis que a continuidade dunha division do traballo imposto desde ha seculos, na que Galiza aparece como exportadora de man de obra e de materias primas. E ainda que nos últimos anos xurdiran empresas e multinacionais que semellan contradecir esta situacion, o feito é que para o Estado Español, Galiza é o que foi sempre: materias primas e man de obra.

Mais é evidente que a situacion obxectiva mudou, e hoxe ven atravesada por unha triple contradicion: unha economia que xa é urbana e industrial, sede de multinacionais como Inditex, Calvo, Pescanova, San Jose, etc., unhas estruturas alleas e construidas ao servizo dunha Galiza que só emigraba ou exportaba materias primas, e que agora exporta tamen manufacturas e capital, e un poder municipal e provincial que non quere perder a súa forza e capacidade de presion, e que é herdeira das vellas estruturas caciquis.

O plan da Xunta bipartita é a de aforrar os custes nas concesions de servizos, e em vez de partir da realidade actual, ainda que caótica pólos anos de retraso que levam em encarar a ordenacion do território axeitada, queren mudar a situacion, nunha crise economica moi profunda, na que os investimentos do estado em infra-estruturas destinase a resgatar ás grandes empresas da construccion.

Poren, a ordenacion do território como “a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade”, sobre a que planificar o desenvolvemento social non é unha das preocupacions, nin da burguesia galega, nin, por suposto, da Xunta: o conselleiro Mendez Romeu xá aprazou ata as calendas gregas a constitucion das áreas metropolitanas. De feito esta política coincide côa carreira de todos os partidos a ver que é maior defensor do AVE. Para eles o prioritário son as grandes obras infraestructurais como a Cidade da Cultura, onde enterrar centos de millons de euros, o TAV/AVE ao servizo das necesidades dos executivos das empresas e o turismo, ou o Porto Exterior da Coruña, para mellor beneficio da veciña Refineria de Repsol.

 

A orixe do problema administrativo

 

Na primeira metade do seculo XIX foi cando, desde o estado, instauro se a division territorial actual. Dividiuse Galiza en quatro provincias artificiais, que non respostaban a nengunha necesidade real  da sociedade, senon a imposicion do modelo central, unificador “das Españas”. De feito, esta medida provocou o primeiro levantamento armado na Galiza desde as revoltas irmandiñas, o “provincialismo”, que defendía a creacion dunha ùnica provincia, mantendo asi a unidade territorial galega.

Xa choveu desde aquela, e as “provincias” seguen a ser, a través das Diputacions, un elemento máis do que define a ordenacion do territorio, a superposicion de administracions. Galiza é un “reino” onde conviven ata cinco organismos: os concellos, as diputacions/provincias, a Xunta, o goberno central e a Unión Europea, ao marxe totalmente da maneira tradicional –que non por elo necesariamente mellor- de organizacion do territorio galego, as aldeas - moitas delas convertidas hoxe en barrios perifericos das cidades-, as parroquias –tamen barrios en moitas ocasions- e as bisbarras.

Nunha situacion surrealista onde estradas que percorren o centro de vilas e cidades cunha grande densidade de pobacion –a nacional VI na Coruña na Avda de Alfonso Molina é un dos exemplos máis claros- son competencia do Ministerio de Fomento central. Na ordenacion destas infraestruturas non teñen nada que ver nin os concellos nin a Xunta, tudo decidese na capital do estado, baixo outras necesidades e interese.

O mantemento da estrutura uniformadora do Estado conta coa colaboura de toda unha camada de politicos e xestores locais e provinciais, que teñen como seu medio de vida na existencia destos organismos administrativos, e constitúen un freo obxectivo a calquer desenvolvemento de tendencias simplificadoras da vida administrativa. Se desapareceran os seus postos politicos, desaparecerían con eles; por iso vailles a vida na defensa dunhas estruturas impostas.

 

Algunhas notas sobre a “cuestion nacional” no Estado Español

 

Para comprender os problemas que hoxe ten Galiza para unha ordenacion do territorio axeitada ás súas necesidades, é imprescindible botar unha ollada ao desenvolvimento que sofreu como formacion social, cal foi a maneira na que se formou o Estado Español, e para elo é necesario partir do fixo que Galiza teña a ordenacion que ten: a “cuestion nacional”, é dicer, a opresion nacional da Galiza.

Ha unha vella definicion marxista sobre a cuestion nacional que é que ligase á delimitacion dun mercado interior e, no concreto, á loita pola propriedade da terra.

Nas vellas revolucions burguesas, mesmo desde as proto revolucions que foron as revoltas campesiñas na baixa idade media, pasando pola revolucion irmandiña, o problema da propiedade da terra, é dicer, a loita contra a propiedade feudal e pola reforma agrária que abrise a porta o desenvolvemento da propiedade capitalista no agro, e paralelamente, a “liberacion” da forza de traballo atada á aristocracia para o traballo asalariado.

A burguesía, coa defensa da reforma agrária, situose ó fronte do campesiñado, e dirixiu a loita contra os señores feudais, a aristocracia e o Antigo Rexime, tal e como fixo na Gran Bretaña o exercito puritano de Cronwell ou os xacobinos franceses. Nos dous casos, abriuse de par e par o libre desenvolvemento do capitalismo, sen ataduras nen cortapisas.

Noutros casos, a unidade nacional é froito dun proceso de negociacion entre unha aristocracia en decadencia, pero forte, e unha burguesía incapaz dunha política indepedente. Foron proxectos misturados que mantiveron o longo do tempo moitas das lacras do feudalismo.

Este é o caso máis que evidente do Estado Español. A incapacidade da burguesía para se constituir en nacion, trala constitucion do estado centralista dos borbóns, combinouse coa febleza das burguesías e as clases dominantes das periferias para, tamen, desenvolver como nacions indepedentes. Deste xeito, ficaron como tarefas “pendentes” a distribucion da terra en Andalucia ou Extremadura coa reforma agraria, ou a chamada “cuestion nacional”.

Nesta contradiccion situase o feito nacional no Estado Español. Os intentos de resolvelo pola forza, o facerse no seculo XX, xa coa decadencia da burguesía como clase revolucionaria, resultaron no seu contrario, no afortalamento das identidades nacionais vasca, catalana ou galega.

 

As mudanzas na estrutura da propiedade e a ordenacion do territorio

 

O longo dos anos, o capitalismo entrou a fondo no agro galego. Ainda que ate comezos do seculo XX, o contrato foral mantiverase como unha forma de relacion coa terra, combinada cos novos proxectos abertamente capitalistas e formas rudimentarias de cooperativismo; só despois da guera civil, o franquismo resolve o problema coa represion e o criterio de manter o atraso secular ao que estivo condeada Galiza en xeral, e o campo no concreto.

As modificacions na propiedade da terra –desaparicion do contrato foral- non foron consecuencia dunha revolucion burguesa que as lexitimara como parte de dixolucion do rexime feudal, senon do desenvolvemento do capitalismo con as armas da represion máis brutal, rompendo as relacions precapitalistas. As relacions pré-capitalistas non disoltas no seculo XIX, desapareceron o longo do XX, E nos albores do seculo XXI o capitalismo domina o rural galego. A economia de subsistencia desapareceu para non regresar.

Os anos de autonomia e restauracion monárquica foron os anos das reconversion da economia española e galega. Nos 80 reconvirtiuse a indústria o servizo da entrada na Comunidade Economica Europea (a UE), e da mesma maneira, fixeron a reconversion do agro, coa desaparicion dos restos das vellas estruturas da economia do autoconsumo, e a rentabilizacion capitalista da produccion agricola e gandeira, cunha orientacion moi forte cara o monocultivo e a especializacion na produccion leiteira ou forestal (eucaliptos).

Para elo, o primeiro goberno da Xunta de Fraga definiu os seus obxectivos, cando afirmou que en “Galiza sobraban 300 mil campesiños”. E así foi hoxe na Galiza a poboacion activa no rural esta xa por baixo das 100 mil persoas, e é superado pola indústria e os servizos.

Mais, esta mudanza na estrutura levou aparellada a aparicion dunha nova clase pequeno e mediano burguesa, baseada na produccion do leite para as grandes empresas produtoras e distribuidoras multinacionais e nacionais.

Deste xeito, o que foi unha sociedade no que o rural tiña un peso máis social e cultural que economico, deixou paso a unha sociedade urbana e industrial, onde o rural ten máis peso no economico que no pasado, mais veu como a poboacion agricola e gandeira disminue, nun proceso ben capitalista de concentracion da producion en poucas mans.

Este proceso vai paralelo o crescimento do que se coñece como as áreas periurbanas, onde concentrase, hoxe, o 70% da poboacion galega, en cidades ou áreas metropolitanas constituídas legalmente ou non, e nas vilas intermedias, que na realidade son pequenas cidades. A propiedade da terra xa non esta maioritariamente ao servizo da produccion agricola ou gandeira, senon como zonas de crecemento urbanístico onde a construccion de vivendas e infraestruturas é o dominante.

A renda da terra xa non ven só da relacion coa produccion agricola ou gandeira, senon da especulacion co chan para a construccion. Há todo un sector da poboacion, que eran propietarios de predios en todas as comarcas e áreas urbanas da Galiza que ven na especulación unha maneira de se lucrar rapidamente.

Estas mudanzas son as que estan no fondo dos problemas que a cotío percorren Galiza, xerando conflitos sociais cuase permanentes diante de cada obra, de cada proxecto de infraestrutura. Os servizos de transporte, a planificacion da vivenda e os servizos sociais en xeral dependen dunha correcta ordenacion do territorio, e para elo é imprescindible ser conscente da combinacion entre as estruturas “naturais” galegas e as mudanzas na estrutura social.

A situacion atual, côa combinacion entre as estruturas administrativas resultado da imposicion dunha ordenacion imposta pólo estado, os concellos e ás diputacions, alen das administracions representacions do estado, delegacions do goberno, ministérios, etc., e por outra, a estruturas adminsitrativas próprias como a Xunta ou as proto áreas metropolitanas dan como resultado unha hiperinflacion de organismos administrativos, dunha burocracia política que non quere perder os resortes do seu poder.

 

Podem as clases dominantes mudar a situacion

 

Como dicia ao comezo, a constitucion do Estado capitalista Español como o coñecemos hoxe é o resultado de dous fracasos, em primeiro lugar, o da burguesia central para constituir España como nazon, da mesma maneira que a burguesia francesa na súa revolucion fixa em 1789, ou mesmo a italiana, nun proceso de revolucions parciais vitoriosas e fracasos de conxunto, mais neste camiño constituiu a nazon italiana. A burguesia, cumprindo o seu papel revolucionário, lexitimou estados burgueses centrales e as institucions nas que se apoiaba, os concellos, as universidades, os parlamentos, fronte ás institucions da aristocracia, a igrexa, a monarquia, etc.

Mas o Estado Español é consecuencia de outro fracaso, o das burguesias “periféricas”, para se converter em nazons com estado próprio. Nin a burguesia basca nin a catalana, nin moito menos a feble burguesia intermediaria galega, foron quen de conquistar a súa independência nacional.

E hoxe, douscentos anos depois das grandes revolucions burguesas, a burguesia non tem nin a vontade nin a posibilidade de resolver as tarefas que tiña cando era o referente fronte ao feudalismo e a aristocracia, nin garante um mercado nacional homoxeneo. Hoxe manda o mercado global, o mundo xá esa repartido entre as grandes potencias imperialistas, que como moito, só podem aspirar a novos repartos. Os mercados nacionais son determinados pólos intereses das grandes multinacionais.

A independência nacional que non vaia ligada a um proceso de liberacion social só conduz a caer na dependência dunha ou doutra potencia imperialista.

Pois bem, neste cadro, ás burguesias “nacionais”, ás que na “teoria” devem defender a independência nacional non teñen máis interes que o de ligarse as grandes multinacionais, como a única maneira de mellorar as suas relacions e o seu poder. 

Esta é a esencia da burguesia galega, mesmo a que xurdeu nos derradeiros anos. A burguesia galega pasou de intermediaria a imperialista sem nengun paso intermédio. Non há moito, a burguesia galega limitabase a vexetar sobre as esmolas que lle caian da mesa do estado. Agora, ainda sendo que em certos sectores unha burguesia imperialista de primeiro orde, como o têxtil ou a indústria ligada o mar, o seu papel dentro da estrutura do estado español non mudou. Mas, sobre vive na sociedade galega resto da antiga burguesia comercial intermediaria - a coruñesa, sem ir máis lonxe-, apoiada nas estruturas administrativas, que viven dos subsídios e o “amiguismo”.

Por motivos diversos, mas o final é o mesmo, a ningunha das duas burguesias interesalles calquera mudanza na ordenacion do território. Aos primeiros chegalles côas infraestruturas necesarias para levar a súa produccion aos mercados estatais e internacionais. Aos outros, chegalles côa subsidio que lles permite viver com tranqüilidade. Como calquer pequeno burguês, tem medo às mudanzas, aos conflitos, as crises.

Os dous sectores da burguesia galega, a grande multinacional como Inditex, Pescanova ou Finsa, e o mediano e pequeno burguês, son inimigos mortais da mudanza revolucionaria que suporia romper côa estrutura administrativa e a ordenacion do território na que basease.

Comarcalizar Galiza, estabelecer as áreas metropolitanas, planificar democraticamente os servizos a partir das novas estruturas,… subpon unha “limpeza” profunda  de burocracia política e de toda a estrutura caciquil instalada ao seu redor, ligada a existência do reximen herdado do franquismo.

 

Ordenacion do território e soberania nacional

 

O exercício do direito a autodeterminacion dunha nacion é o exercício da súa soberania nacional, é dicer, a capacidade para decidir cales son os eixos do seu desenvolvemento e as relacions que quer manter co resto dos pobos. É claro que este capacidade liga se diretamente a posibilidade de definir cales son as formas nas que a poboacion se organiza para planificar “a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade”.

Sem soberania, as políticas definiranse nos centros de poder “tradicionais” alleas, baixo os alicerces definidos pólo donos dos médios de produccion e distribucion. As necesidades ás que respostaran estas políticas non serán as da poboacion traballadora autoctona, senon as que teñan empresários e capitalistas.

A política de vivenda, de servizos ou de transporte son algunhas das políticas sociais que dependen de unha ordenacion do territorio axeitada as necesidades da sociedade. As grandes obras em infra-estruturas viran determinadas pólas necesidades econômicas dos poderosos, de achegar o mais rapidamente posible as súas mercadorias aos mercados, de facilitar a mobilidade da man de obra.

Evidentemente Galiza chega con retraso a establecer unha ordenacion do territorio axeitada as súa estrutura, tal e como fixeran outras nacions. A burguesía galega, o seren unha burguesía “cipaia”, intermediaria co poder estatal, non ten, nin tivo, a menor intencion de artellar unha organizacion social que permitira un desenvolvemento axeitado. Con cobrar os subsidios e as migallas do comercio, a exportacion de materias primas e man de obra, chegaballe. A súa incapacidade para defender a soberania nacional do pobo galego é a súa incapacidade para loitar polo dereito a auteterminacion.

Na decadencia do capitalismo o direito dos pobos á autodeterminacion cobra novamente actualidade. É a maneira que teñen as clases populares, o pobo traballador, de defender os seus intereses fronte aos intereses das grandes empresas.

O control da planificacion que supon unha ordenacion do territorio axeitada ás suas necesidades é un resultado do exercicio da soberanía nacional. Non é concebible unha sen a outra. E por elo é necesario definir quén pode establecer unha planificacion racional dun territorio concreto.

 

Um ponto de vista de clase

 

A burguesia de sempre estivo á procura dunha ordenacion do territorio axeitada ás súas necesidades de desenvolvimento, de concentracion en centros fabriles dumha masa de proletarios expulsos das súas terras e traballo.

O seculo XIX foi o seculo da aparicion das grandes cidades. Esto non quere dicer que noutras sociedades non houbera grandes cidades como Roma, mas a súa riqueza non procedía do traballo na urbe, senon da explotacion dos esclavos nas facendas e na terra. O capitalismo establece a relacion inversa, a produccion da riqueza trasladase as cidades, o eixo da sociedade é urbano; e o campo só avanza nun camiño de aumento da produccion mas de perda de poboacion sistematica

A comezos do seculo XXI o capital manten a mesma loxica de desenvolvimento. A concentracion e centralizacion do capital levam aparellado a concentración da poboacion en grandes centros urbanos, e este eixo são o que determina a ordenacion do territorio. A concentracion en grandes centros e á sua conexion por grandes obras infra-estruturais, co loxico beneficio das grandes constructoras e inxenierias.

Se ben, no XIX esta aparicion permitiu unha mellora evidente nas condicions de vida da clase traballadora e pobo en xeral –non sen grandes loitas, a burguesía nunca fixo nengun agasallo, nin nas condicions de vida nin nos dereitos como voto universal ou dereito a folga-. Mas, o crecemento e a expansion do capital permitiu certas concesions para evitar males maiores; concedian unha man para evitar perder o brazo. De feito, as sociedades máis “desenvolvidas” son aquelas nas que a poboacion rural é unha minoria na sociedade sobre a base do capitalismo no agro.

No seculo XXI, a decadencia do capital impide calquer concesion. O que o longo de anos, e tras as loitas do pobo traballador, foron conquistas sociais, hoxe estan ameazadas de fondos retrocesos.

O capital ten que facer rendible cada euro que inviste… non pode facer nengunha concesion social, aos recortes nas condicions dos traballadores e as traballadoras (xornada, salarios, etc.) xuntanse ás limitacions á expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade”.

Poden facer todas as declaracions xerais que queiran, podem falar de “resolver os problemas sociais mais que urxentes”, mas a súa concrecion estara en funcion dos beneficios do gran capital, e non das necesidades sociais.

A sociedade a que se refiren, hoxe, ten no seu seo unico suxeito social que pode planificar racionalmente esa “expresion espacial”.

A clase traballadora, os asalariados/as, constitúen o máis do 70% da poboacion activa. Son eles os que construen as auto-estradas ou conducen os trens, fabrican as vigas ou traballan nos hospitais,… son eles os que educan ou venden alimentos. A clase traballadora, ainda que non sexa visible, é o centro da sociedade, e é a que ten a necesidade de que esa “expresion espacial” sexa axeitada ás suas necesidades.

Por este motivo, só a clase traballadora pode planificar unha ordenacion do territorio que resposte ás inquedanzas de todos os sectores populares.

Nin a pequena burguesía comerciante, non preocupada polos problemas sociais de conxunto senon pola rendabilidade do seu negocio, nin a pequena burguesía rural, a que so interesalle a venda nas mellores condicions posibles da súa mercadoria, poden ser un referente ao conxunto da sociedade.

A forza da burguesía como clase, mesmo na súa crise, ten que ver coa inexistencia subxectiva de un referente os seus proxectos sociais, á ordenacion do territorio o servizo dos seus interese.

A forza dunha clase social expresase no proxecto social que encarna, e hoxe a clase obreira, polo desastre do estalinismo, asociado ao “socialismo” e ao “marxismo”, subxectivamente non oferece esa alternativa. Cada sector social esta á procura da sua alternativa fronte a decadencia do capitalismo, e isto, que fortalece á burguesía, debilita a alternativa social. E o desastre na Galiza da ordenacion do territorio, e poren, a desestructuracion do pobo traballador, insirése nesta falta dunha alternativa de clase aos proxectos das burguesias galega e española.

E necesario reconstruir o “socialismo” no seu sentido revolucionario, de reintegracion do ser humano na súa esencia ser social, rompendo coa suma de individualidades na que se basan as relacions sociais capitalistas, que son unha suma en loitas permanentes entre elas: “o home é un lobo para o home”, dixo Hobbes, e definía o “home capitalista”. Sobre esta filosofia construese unha ordenacion do territorio, é dicer, unha “expresion espacial da política…” agresiva, competitiva e alienante, allea ás necesidades sociais das relacions humanas.

Unha perspectiva socialista, de clase, da ordenacion do territorio parte destas necesidades, más non as deixa nas máns “oscuras do mercado”, senon que esta á procura da planificacion democrática como unica ferramenta para unha resposta real as necesidades sociais.

Escapar da “man oscura do mercado” só pode facerse rompendo co caos que supon o mercado, é dicer, a propiedade privada dos medios de produccion e distribucion. Baixo o capitalismo, os servizos concibense como mercadorias; o transporte, a educacion, a saude ou a vivenda son mercadorias, e cubrir as necesidades sociais –e polo tanto a ordenacion do territorio para desenvolvelas- faise desde a perspectiva da rendabilidade economica: se algo non é rendibel, pechase e punto. Tanto ten o número de persoas afetadas.

O punto de vista da clase obreira é o oposto. Un exemplo sinxelo, o transporte colectivo e publico. A entrada nos postos de traballo exixe un horario moi preciso de entrada, a xornada laboral pode comezar ás 7, ás 8, etc., da mañan, e o empresario exixe puntualidade, se é ás 7 é as 7; en tanto lle ten como faga o traballador para chegar á hora, se vai andando, en coche ou coletivo; a cuestion é que este no posto de traballo. Tamen tanto lle ten o que lle custe ao traballador, el xa lle paga o salario.

Obxectivamente o conxunto da clase obreira ten o interse, primeiro, chegar puntualmente, pois a impuntualidade é causa de despidimento, en segundo lugar, unha maneira barata de chegar o seu posto, de non detraer do seu salario o custe de ir à traballar, e terceiro, de chegar o máis comodo é rápido posible, pois supon un descanso maior.

O conxunto destas medidas exixen unha planificacion do transporte colectivo e publico que parta das realidades e as necesidades sociais, e para iso a ordenacion do territorio é determinante.

A burguesía, como vimos, tanto lle ten como chega o traballador o seu posto, mais si interesalle como fai chegar às mercadorias aos mercados. Os traballadores e as traballadoras, na planifacion da ordenación partiran das súas necesidades, que son as do 70% da poboacion; mentras que os segundos só miraran para a rendabilidade dos seus envios. E por iso son contradictorios polo vértice, non son conciliables; ou planificas para o ser human, ou fas politicas economicas ao servizo das mercadorias.

Esto é o que significa planificación socialista da economia; romper a loxica competitiva e alienante das relacions de produccion capitalistas e dos aparellos institucionais que as defenden, e construir a sociedade á medida do ser humano.

 

Soberania nacional e planificacion socialista

 

Para o pobo traballador galego a conquista da sua soberania nacional é una precondicion para axeitar a ordenacion do territorio e a planificacion dos servizos a súa “medida”. É un paso inexcusable que ligase a ruptura do modelo de acumulacion de capital acordado polas burguesias do Estado Español, o rexime da monarquia, e que so redundou em atraso e emigracion.

Mas a sobernia nacional non implica necesariamente a planificacion socialista da sociedade; pois no conceito “pobo traballador” ha moitos interese contrapostos, e, sobre todo, perspectivas sociais contradictorios.

O pequeno empresario, o pequeno comerciante, o autonomo, etc., por moito que teña unha renda igual ou en casos inferior ao asalariado, non deixa de ser “propietario” do seu medio de produccion ou distribucion; do taller, do camion ou da terra - ou a ten en aluguer, mas é propietario das maquinas, as vacas, etc. - que vende o fruto do seu traballo, a mercadoria, non a forza de traballo para outro.

Os mecanismos para mellorar a súa situacion son opostos aos dos asalariados. Mentras a mellora nas condicións laborais dos asalariados pasa pola suba dos salarios, pola rebaixa dos prezos dos combustibles ou dos servizos, pola reduccion da xornada laboral, etc., que para un pequeno empresário non é máis que unha suba nos custes de produccion; para este, a mellora nas súas condicions de vida pasan, xusto polo contrario, por un recurte de costes de produccion, pola suba dos prezos das suas mercadorias (a mercadoria que vende é o producto que logo vai consumir o asalariado a partir do prezo da súa mercadoria, a forza de traballo e o salario).

Que dunha maneira coiuntural o pequeno burgués choque coas grandes empresas, será polos mesmos motivos: reducir os costes de produccion e suba dos prezos das mercadorias. Nesta loita desigual, a tendencia é á proletarizacion dos sectores máis pobres da pequena burguesía.

Ben, pois ista relación contradictoria extendese a ordenacion do territorio e a planificacion dos servizos - en moitas ocasions, a privatizacion do servizos publicos basease na existencia dunha estructura de pequenos empresarios concesionarios dos servizos da administracion-. Para o pequeno empresario o obxectivo é o mesmo que gran capitalista: facilitar a venda das súas mercadorias, e as infraestruturas que exixe van nese sentido. Todo o demáis é secundario.

Na Galiza, polo peso do nacionalismo e da sua concepcion interclasista, a perspectiva da clase obreira perdese nunha morea de intereses pequeno burgueses, baixo a definicion xenerica de “pobo traballador”. Baixo esta definicion atopanse desde os sectores coa renda mais alta, con interese e posibilidades economicas similares aos profesionais liberais ou a mediana burguesía.

Mas, ha un amplo sector social, non asalariado, verdadeiro “pobo traballador”, é dicer, persoas qeu viven do seu traballo, ainda que non en rexime asalariado, que teñen necesidades similares aos da clase obreira. Pola súa renda non poden acceder á saúde ou o ensino privado, mas pola súa situacion social non teñen unha homoxeneidade social como para ofrecer unha alternativa social de conxunto, que supere ás propostas da burguesía.

O unico sector da sociedad que ten interese comunes, obxectivamente comprobable, é a clase asalariada, a que vive da venda da súa forza de traballo, do salario. Da mesma maneira que á burguesia, a grande, a mediana ou a pequena, a industrial ou a comercial, a bancaria ou a da distribucion, esta unida por algo moi forte: a procura do beneficio; aos asalariados lles une algo tan forte, a súa cualidade de vida depende do posto de traballo e o salario.

A conquista da sobernia nacional é un paso, mais esta non pode perderse no laberinto do pobo traballador abstracto, só unha perspectiva coerente da clase obreira, pode levantar unha alternativa aos proxectos ao servizo das necesidades da burguesia, baseada na planificacion democrática da economia e desta maneira os planos de vivenda, transportes publico, educacion e mesmo o desenvolvimento industrial, que dependen dunha correta ordenacion do território respostaran ás necesidades do conxunto da sociedade.

 

Oleiros, 25 de novembro do 2008

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Posted by at 20:40:30 | Permalink | No Comments »

Tuesday, November 11, 2008

O BÁLSAMO OBAMA

Carlos Dafonte

Na madrugada do día 5 de novembro, produciuse un acontecemento insólito nos EEUU de Norteamérica: a elección dun home de raza negra para presidir durante os catro próximos anos á primeira potencia militar do mundo, potencia en nidio retroceso en moitos outros aspectos. Elección que foi apoiada, todo parece indicalo así, por un importante número de asalariados.

Quero dicir en primeiro lugar, que cando se celebraban as primarias, nunca pensei que fora a gañar o partido demócrata; nunha situación de guerra, pensaba, que a xefatura do exército, para moitos “patriotas” norteamericanos non pode estar en mans dunha muller ou dun negro. Despois, xa dentro da propia campaña, a evidencia dos apoios a Obama, fíxome ver o equivocado do meu argumento.

Á calor desta elección xorden algunhas reflexións que considero pertinentes subliñar. En primeiro lugar debemos analizar as razóns que levan ó constante bombardeo da cidadanía por parte dos medios de comunicación sobre as eleccións norteamericanas e o enxalzamento que das mesmas se fai. Escoitei en numerosas ocasións estes días, falar de “festa da democracia”, cando é moi dubidoso que se celebren no marco democrático adecuado e que o propio sistema o sexa. A inexistencia de censo de electores, o ser unha elección indirecta, a desproporción entre a poboación de cada estado e o número de “electores presidenciais” que se elixen nos mesmos, a dependencia dos candidatos, dado o alto custo do sistema electoral, con primarias e a lonxitude da campaña, das empresas e emporios económicos para podela financiar. A todo o anterior, debémoslle engadir algún outro elemento tamén moi salientables como a inexistencia de verdadeiros programas electorais o que permitiu que o candidato Obama cambiara de posición varias veces na campaña e primarias, en temas como a guerra en Iraq, as escoitas telefónicas, ou o recorte de dereitos que significan as Actas Patrióticas I e II, etc.

Estes aspectos que son reais, xunto con outros moitos non expostos, a calquera persoa ou institución, que se considere demócrata, o debe levar a unha crítica fonda do sistema imperante na primeira potencia militar do mundo, e polo tanto é o esperado que se faga por parte dos medios de comunicación, cando esa potencia ten ademais a pretensión de tenta-lo impoñer a todo o planeta.

Pero da tan aireada campaña e da postura de numerosos medios do estado, saquei a conclusión, de que hai unha intención, nestes tempos de dominio da forma de capitalismo máis noxenta, o imperialismo das depresións, cando máis se aproxima ó fascismo, de facernos crer que a democracia practicada nos EEUU, se se lle poder chamar así, debe se-lo modelo universal para todos os países; e hai unha verdadeira operación de “lavado de cerebro” da cidadanía con ese propósito. Algo terá que ver que medios de comunicación e empresas multinacionais, hoxe, no estado español, teñan unha ligazón moi estreita. Estas son propietarias de todos os que crean opinión.

En segundo lugar, ¿É posible unha elección presidencial nos Estados Unidos de Norteamérica ó marxe do control do complexo militar industrial, dos grandes bancos, das empresas multinacionais e dos grupos de presión sionistas?. Creo que calquera persoa sensata debe dar un non por resposta, coñecendo ademais como ese país intervén a cotío nos problemas do resto de países. A maior parte das veces creando eses problemas, cando consideran que os seus intereses empresariais poden sufrir algún tipo de deterioro. Como financian candidatos que avalen os seus intereses e como tentan eliminar aqueles que defenden intereses populares. A historia esta chea de intervencións do goberno federal dos USA, en defensa dos intereses das empresas norteamericanas. ¿Como vai ser posible que estas non interveñan nunhas eleccións presidenciais propias?. Polo tanto se a financiación das campañas de ámbolos dous candidatos dependen das aportacións privadas, das grandes fortunas, facerse a idea de que Obama representa un cambio, algo máis que non sexa o da cor da pel, que considero importante como dato sociolóxico, é caer na inxenuidade.

En terceiro lugar ¿porqué Barack Obama e non outr@?. Nese país a guerra de Iraq e Afganistán, pero sobre toda a primeira, que produce unha grande cantidade de mortos e feridos, abriu de novo, como no caso da guerra de Vietnam, un foxo entre a maquinaria estatal ó servizo da oligarquía e unha parte moi importante do pobo. Nunca, excepto na época da guerra de Vietnam, a repulsa dun presidente e a todo o que significa o poder, fora tan grande e tan extensa. Ademais dos mortos e feridos, tamén polos argumentos mentireiros que utilizaron para enganar a sociedade internacional e o seu propio pobo, así como polos negocios que xeraron para altos cargos, o vicepresidente Cheney por exemplo, ou o interese da familia do presidente, de Condoleza Rice e outros, por controlar coas súas propias empresas o petróleo da zona.

Se a esta situación lle engadímos a crise económica que golpea brutalmente a unha parte moi importante da poboación, pero sobre todo a inmigrantes e afroamericanos, ademais das chamadas capas medias, estamos diante dun panorama moi complexo, non esquezamos as enormes mobilizacións de hispanos reclamando dereitos, de hai uns meses, que necesita de “grandes cambios para que nada cambie”.

E Obama, como en outros momentos o presidente Carter, vai xogar o papel de “bálsamo” para unha sociedade convulsa. ¿Quen mellor que Obama para conseguir restitui-la confianza do pobo no poder oligárquico?.

En Galicia no mes de Novembro de 2008

Posted by at 22:27:18 | Permalink | Comments (4)

Friday, November 7, 2008

GAÑOU OBAMA, E AGORA QUÉ?

Roberto Laxe

Como dixo o Sr Solana o outro dia na Ser, “xa temos líder”. Bem. As burguesias de todo o mundo expresaron a sua ledicia pola vitoria de Obama non USA, mesmo sres tan Bushistas non há tanto tempo como os do PP, hoxe son “obamistas”. E xa non digamos dos nosos “obamas”, o ZP, o sr Touriño, Quintana… e demais progresistas españois ou galegos.

Evidentemente a vitoria de Obama é a derrota da foto das Azores, da foto que xerou unha das guerras máis brutais e baseada como nunca nas mentiras, a de Iraq. Tamen é a derrota do neoliberalismo como politica do capitalismo, inaugurada polo binómio Thatcher-Reagan para enfrontar a crise dos 70 desmantelando o estado do bem estar, e levado ate as suas ultimas consecuencias nos USA e na Gran Bretaña, e imposta ao resto do mundo pola via das políticas do FMI e o BM, a debeda externa e o saqueo absoluto dos países dependentes.

E digo vitoria, porque quenes votaron por Obama foron os sectores máis explotados da sociedade ianqui, os negros, os hispanos, as mulleres, a xuventude, nos centros obreiros, nas grandes zonas urbanas; é dicer, o que chamaríamos o pobo traballador foi quen lle deu a vitoria. Mais, Obama é a resposta do capitalismo ianqui á crise, o seu obxectivo no é mudar a sociedade, senon face boa a máxima lampedusiana de “muda-lo todo para nada mude”, e desta maneira salvar o capitalismo en crise. Tamen tem como un dos seus obxectivos recuperar o papel dos USA como “líder” do mundo imperialista, nunha época na que a decadência dos USA é máis que evidente.

E como há 70 anos, cando a crise do 29, a burguesia ianqui aposta polo “cambio” para salvar o sistema capitalista, nomeando a Roosvelt e aplicando o New Deal (que foi acusado de “comunista” pola extrema dereita ianqui, e que arrastrou trás de si a moitas xentes da esquerda), e agora centrando as criticas no Bush e no neoliberalismo, como fai Cebrian no artigo do País de onte.

Ao cargar a man no neoliberalismo agachase que a crise non é dunha politica, a neoliberal, senon do mesmo capitalismo. E desta maneira xogan o despiste da poboacion, que confia nas promesas de Obama de traballo, de seguridade social para toda a poboacion, de retirar as tropas de Iraq… para levalas a Afganistan, etc.

Mais, se isto tem un predicamento importante diante da poboacion mundial  -houbo manifestacions de apoio en case todo o mundo- tem unha razon de fundo: non há unha alternativa obreira e socialista á crise.

Os 90 foron os anos da “morte do socialismo”, baseado como toda gran mentira, nun elemento de verdade: a dexeneracion stalinista foi asociada na mente das masas co “marxismo” e o “socialismo”. Desta maneira, as novas xeracions da mocidade que viñan cara a esquerda (antiglobalizacion, feminismo, ecoloxismo, etc., etc.) , non ollaban no marxismo unha alternativa, pois aparecia diante deles só a version desturpada e dexenerada, economicista vulgar, do stalinismo. E isto fixo moito dano, pois é un freo subxectivo ao desenvolvimento da única saída a crise, o socialismo entendido como a “socializacion dos médios de produccion” como parte do reintegracion do ser humano na sociedade; fronte ao individualismo, a competitividade e as relacions sociais alienantes e opresoras do capitalismo.

As direccions progresistas, dunha maneira ou outra, fan “obamismo”. Ou dito doutra maneira, e como expresaba un xornal, “chegou o cambio aos USA”. Porque os nosos”obamas”, os ZPs, a Xunta bipartita, levan facendo o que agora é “obamismo”, decindonos que o inimigo era o PP (que o é), mentras fan politicas burguesas, continuistas côas do PP.

É evidente que o longo dun tempo as ilusions e as ganas de cambio no conxunto da sociedade a nível mundial teñen unha “direccion política” o “obamismo”, e as suas versions estatais e nacionais; os anteditos ZPs, Touriños, Quintanas…. E en sectores da vanguarda vai a ver moitas presions cara a integracion. As ilusions son o primeiro paso a decepcion… senon existe unha alternativa que explique com toda claridade o seu verdadeiro carácter, burguês e imperialista.

A decepcion é o camiño da derrota do movimento de masas, que votou a Obama (e no resto do mundo apoiou) para que non se resgate aos bancos, para que nos USA se extenda a Seguridade Social ao conxunto da poboacion, para que as relacions internacionais sexan de igual a igual; decepcion que pode vir porque Obama, máis alô dalgun xesto, non vai facer nada disto..

Mais nos sabemos que esa alternativa non existe, que há que construila nas condicions concretas de cada estado e nacion; mas para que sexa unha verdadeira alternativa obreira e socialista tem que dicer com toda claridade; nengunha confianza en Obama.

Por outra banda, non podemos ser sectários. A xente, a poboacion traballadora, confia nos Obamas, nos burgueses vestidos de “progresistas”, e non van romper com eles por que nós o digamos. Só o faran coa sua experiencia na loita, partindo de exixir o que prometen, e pondo aos “obamas” de a pé diante das suas contradiccions.

A crise xoga ao nosso favor, pois demostra as falências do capitalismo, o seu verdadeiro carácter. A realidade é unha verdadeira universidade de anticapitalismo como cando o Pte da patronal afirma sem rubor que os EREs son “sanos para a economia”, coa “socializacion das perdas” que é o resgate das bancas, etc… A realidade hoxe, permite falar com toda claridade: nos estamos contra os EREs porque son “sanos para as empresas”, mais perxudiciais para os traballadores, estamos pola nacionalizacion das empresas e bancos, e non só as quê esten en crise; estamos polo reparto do traballo para combatir o desemprego; estamos pola suba automática dos salários para evitar a perda de poder adquisitivo, etc etc..

É dicer, estamos por rematar côas relacions sociais de produccion capitalistas, verdadeira causa da crise económica. E isto, nin Obama nin os “obamas”, van facer nada… Pola contra o que xa estan a facer é xusto o resgate do sistema.

A vitoria de Obama abre o melon do debate de “outro mundo é posible”, que para nós, só pode ser socialista, ainda que nun principio miren para nós como uns “tolos” esquerdistas que van máis alô do que se pode facer.

Oleiros, 6 de novembro de 2008


Posted by at 16:01:40 | Permalink | No Comments »

Wednesday, October 29, 2008

XA ESTAMOS ONDE TÍÑAMOS QUE ESTAR

Carlos Dafonte

O capitalismo global, esta salvaxada que algúns consideran a esencia da “cultura occidental”, a cultura superior á que todas as demais deben recoñecer como tal, o imperialismo, está a amosar nos últimos tempos a súa verdadeira faciana. Os seus alicerces, capital financeiro, banca, deus mercado, institucións internacionais, bolsas, asesores financeiros, etc., e os principais dirixentes e políticos que lles permitiron actuar, parecen saídos, segundo vamos coñecendo o alcance das súas actuacións e as consecuencias das mesmas, dun verdadeiro “patio de Monipodio” cervantino. E no albañal que sae do mesmo tiran como se foran putrefactos desperdicios, sen amosar a máis mínima vergoña, todas as teorías, regras e leis económicas, das que tanto alardearon e coas que tanto dano fixeron a poboación planetaria. Teorías, regras e leis que dicían, eran inmodificables e a base do bo funcionamento do sistema; ¡¡vaia neoliberais de pacotilla, que diante das dificultades acoden solícitos á protección do “pai estado”, que din molesta e con quen queren acabar, cando os negocios lles van ben!!

Os traballador@s asalariad@s están hoxe, en mellores condicións que nunca para aprende-la lección do que representa o capitalismo: unha estafa permanente, onde con cobertura legal unhas veces e pola ausencia da mesma outras, os que se fixeron ricos, a saber como, os propietarios dos medios de produción, premen e explotan, en primeiro lugar ós que venden a súa forza do traballo a cambio dun salario, pero tamén a outros sectores non asalariados; e cando chegan as dificultades, o estado, ese concepto que resume a actividade de institucións e aparellos variados, aparece dun xeito nidio como o que é, un instrumento ó servizo dos poderosos, dos “donos do sistema”, disposto a empregar os cartos de todos os que pagan impostos e poñelos ó servizo dos explotadores, que ademais son uns incompetentes, avariciosos, ladróns e enganadores. Pero debemos ter coidado coas nosas verbas, xa que un argumento que empregan para explica-la actual situación, é o de que o sistema non fallou, e si fallaron uns individuos carentes de ética. ¡Como si o sistema capitalista fora ético!

Polo tanto este repunte da crise, levamos instalados na mesma desde finais dos anos sesenta do século pasado, de maior virulencia que outros, só comparable en algún aspecto á de 1929 e o crac bolsístico de 1987, debe servir para clarexar quen son os nosos inimigos de clase, quen poden ser os nosos aliados para abrir perspectivas de avance cara a un modelo novo de sociedade onde sexa imposible acontecementos como os que estamos a vivir e estean excluidos todos estes parasitos da vida económica, social e política.

Algúns asalariados na súa miopía, consubstancial coa inexistencia dunha forza da esquerda capaz de levar a teoría revolucionaria ó seo das clases oprimidas, e de potenci-la loita de clases, poden chegar a cavilar que unha grande parte dos directivos das empresas quebradas “darán cos seus osos no cárcere”; outros sentiranse presas do desacougo ante o posible derrube do sistema capitalista e a desaparición da figura do empresario. Non vai suceder nin o primeiro nin o segundo, e posiblemente dada a correlación de forzas existente no estado español, na Unión Europea e a nivel planetario, as forzas que apostan pola substitución do capitalismo, por unha nova sociedade máis xusta e igualitaria, poucos avances van obter en todo este proceso que esta a comezar. Pero si aconteceran as devanditas dúas premisas, a sociedade seguiría a funcionar e dun xeito máis xusto e eficaz a como o fai na actualidade.

E a realidade é que hoxe a necesidade dun cambio estrutural, fondo, revolucionario é necesario, pois a contradición entre o desenvolvemento das forzas produtivas e as relacións sociais de produción nunca foron máis fondas. O capitalismo, despois de tantos anos de existencia, de hexemonía na maior parte do planeta, aínda non foi quen de dar solución a un problema como a fame que golpea a unha parte moi importante dos cidadáns do mundo.

Aínda que sexa sinxela é preciso facer unha reflexión sobre este tema; ¿como é posible que morran ó ano millóns de persoas de fame, en pleno século XXI, e outros moitos a padezan, coa cantidade de avances existentes en todos os ordes e coa capacidade que temos para producir alimentos? Sabemos ademais, así o pregoaron axencias especializadas, que con 30.000 millóns de dólares solucionábase o problema. ¿Como é posible que os lideres mundiais teñan disponibilidade para gastar billóns de euros para “saca-las castañas do lume” a unha panda de bandallos e falcatrúas, e non sexan capaces de poñerse de acordo para evitar máis mortes por fame? ¿Pero a quen lle entregamos o poder nos nosos estados? E igual circunstancia se pode plantear coa destrución do medio ambiente, cuxo principal axente destrutivo é o capitalismo.

Tamén debiamos reflexionar nestes momentos sobre a proposta do PSOE de poñer en mans privadas, hai un ano aproximadamente, parte dos fondos da Seguridade Social. Sería bo coñecer que pasou neste tempo cos fondos de pensións de millóns de traballadores do mundo, que confiaron á xestión privada os seus fondos de pensións. Segundo as noticias aparecidas nos medios estes días, a meirande parte deles perdéronse, con independencia de que os estados teñan que “rescatalos”. Ó PSOE habería que esixirlle responsabilidades políticas por aquela proposta.

Agora xa non poderán dicir, os colocados nos postos de mando das nosas sociedades polos que exercen o poder na sombra, cando se reclamen máis cartos para paliar o paro galopante, para reforza-los fondos da Seguridade Social, ou se pidan axudas para os máis necesitados, para a sanidade ou a educación, que non hai cartos; si que os hai, pero como vimos dicindo desde hai moitos anos, dispor deles ou non, está en función dos intereses de clase. Cando interesa ós oligarcas, á grande burguesía, hainos, cando o interese é o da maioría da sociedade, dos asalariados, dos que crean riqueza co seu traballo, non os hai. Iso debe ficar moi nidio, na conciencia dos asalariados como unha das ensinanzas desta crise.

Resulta un paradoxo que no estado español, onde a banca é “solvente e ten liquidez”, é o que nos repite o goberno tódolos días, haxa que poñer a súa disposición 100.000 millóns de euros cando, seguindo os argumentos do goberno, non se necesitan. Pero o que é máis grave é que non se saiba quen vai decidir canto se entrega a cada entidade e a que entidades se lles vai prestar socorro, que non haxa control algún por parte da sociedade. Posiblemente moitas débedas de partidos coa banca sexan perdoadas despois desta “anomalía”.

Outra cuestión importante para reflexionar nestes tempos, é o tema das privatizacións das empresas públicas. Empresas de todos e todas, que os ventos neoliberais desatados, primeiro por Felipe González e que continuou con Aznar, levaron ó sector privado, ás mans dos amigotes do goberno de turno. ¿Diante de situacións como as actuais non sería beneficiosa unha banca pública ou empresas públicas de carácter estratéxico?. Vendo como agora recorren ás nacionalizacións e a poñer diñeiro de todos para salvar os intereses de poucos, esta claro que o sector público é fundamental, aínda no sistema capitalista, sempre que haxa un control social do mesmo, e non, por exemplo, o que esta a pasar coas Caixas de Aforros.

Marx falou xa hai moitos anos, no Capital, dos “límites á produción capitalista” e a tendencia “ a superar eses límites inmanentes a ela”; pero advertía, “os supera só con medios que volven a levantar ante ela os mesmos límites aínda con maior forza”. As políticas neoliberais foron o intento do capitalismo por superar a lei descuberta por Marx, como tendencia, á caída da taxa de ganancia. Todas as medidas liberalizadoras, desreguladoras, etc., tiñan ese obxectivo. Entre elas a de dar liberdade o capital, a de permitir crear unha inxente “masa de capital ficticio”, que para Marx é ”a acumulación de títulos que son sombra de inversións” xa feitas, pero que aparecen co aspecto de capital para os seus posuidores. E ese é un dos graves problemas cos que se atopa o capitalismo na actualidade, e inxectar “máis capital ficticio” non vai resolvelo. Entendo que a cuestión é a caida da produtividade, da creación de riqueza e mentres a esta situación non se lle de solución, e é difícil, tódalas medidas tomadas ata a data, son parches.

Porque a crise non fixo máis que comezar; aínda que hai diferencias salientables coa de 1929, por exemplo, moitos países que eran colonias ou semicolonias daquela, hoxe son importantes centros capitalistas, a súa fase aguda non se manifestou ata 1933, polo que é posible que as consecuencias da recesión mundial se manifesten a partires de 2010 con toda a súa virulencia. Estes días estase a anunciar a entrada en recesión de numerosas economías. E non se vai saír das mesmas en pouco tempo.

A crise actual está inmersa, ademais, nunha crise alimentaria, ecolóxica e enerxética que fai máis difícil a súa solución, atopándose moitas sociedades do planeta en situacións non comparable ós anos trinta do pasado século.

Para rematar tres últimas apreciacións. En primeiro lugar vendo como se comportaron os políticos ó servizo das burguesías nacionais da Europa do euro, non haberá Unión Europea, nin capitalista neoliberal, mentres a burguesía capitalice o proceso. Só os traballadores asalariados deben estar interesados e serán capaces de construir unha Unión Europea, pero…socialista.

A segunda reflexión, Marx e o marxismo estan “vivitos e coleando”, vixente, e é a única referencia para entender o que está a pasar no mundo e a guía para a acción necesaria para transformalo

Terceira, se queremos levar adiante un cambio fondo na sociedade, avanzar cara o que chamamos socialismo, que aínda non se construíu en ningunha parte, as xentes de esquerda, máis que sentir preocupación polo que está a pasar, e colaborar en poñer parches a un sistema que se rompe por todos lados, deben ter unha posición reivindicativa de “cárcere para os culpables”, que “a crise a paguen os capitalistas” coas súas fortunas, e expoñer, diante da poboación e sobre todo dos asalariados, a necesidade de que os traballadores constrúan o seu partido de clase, arredor da teoría revolucionaria, o marxismo, como garantía de que na sociedade se van levar adiante os cambios estruturais que o desenvolvemento das forzas produtivas demandan. Hoxe o que está claro é que ningunha forza política parlamentar compareceu publicamente a defender ós asalariados, ós xubilados, ós mozos e mozas e ás mulleres, que son os que están e van a sufrir verdadeiramente a crise.

En Galicia no mes de outubro de 2008

Posted by at 22:25:45 | Permalink | No Comments »

Sunday, October 26, 2008

A REUNIÓN DO 15 DE NOVEMBRO EN WASHINGTON: A CUME DOS LADROS

Roberto Laxe

 

O 15 de novembro vanse xuntar na “capital do mundo ata agora” representantes dos países que por un motivo ou outro –poderio económico, militar, de matérias primas ou ambos- son os donos do mundo; e vanse xuntar, din eles, para “refundar” o capitalismo. E o goberno Español non quere perderse o reparto do mundo que ali pode facerse.

O capitalismo na súa decadencia atopou outro tope ao desenvolvemento das forzas produtivas, como foi o que sucedeu na do 29; que se resumiu na frase do Programa de Transicion “o capitalismo deixou de desenvolver as forzas produtivas…” e necesitou unha guerra de exterminio para liberalas do corse e provocar un desenvolvemento coñecido como o boom da posguerra.

Hoxe o capitalismo esta en as mesmas circunstancias. Da mesma maneira que os desenvolvementos tecnolóxicos que foron a base do boom dos 60, a TV, os médios de comunicación, a enerxía nuclear, a informática, etc., etc., xa estaban descubertos e co potencial do desenvolvemento nos anos 20/30; hoxe as precondicions para o socialismo, para un desenvolvemento exponencial da sociedade, para a resolución da maioría das secuelas coñecidas tamén están na recamara. O desenvolvemento até niveis inconcibibles da informática/internet, a nanotecnoloxía, a produción sen necesidade da explotación do ser humano, etc., existen. Coa decima parte do que van gastar en resgatar bancos rematarían coa fame no mundo.

Non son ciencia ficción… salvo porque as relacións sociais de produción capitalistas impídeno.

Ben. Pois da mesma maneira que só unha devastadora guerra permitiu ao capitalismo un novo modelo de acumulación que se traduciu, en termos políticos, nunha nova correlación de forzas sobre a base de Bretton Woods, os acordos de Yalta e Potsdam e a ONU, onde unha potencia, os EE UU, exerceron de xendarmes e salvagardas do sistema durante case 70 anos.

Os EE UU exerceron todos estes anos de garantes do sistema porque eran a primeira potencia mundial e ao tempo, como dixo Trotski, substituíron a Gran Bretaña como os banqueiros do mundo.

Este mundo é o que se foi ao garete. Bretton Woods -paridade dólar ouro- hai tempo que só existe nos libros de história, a ONU vai de fracaso en fracaso até o fracaso final; Yalta e Postdam saltaron en pedazos coa restauración do capitalismo nos estados obreiros, e hoxe EE UU pasaron de ser acredores -banqueiros do mundo- a ser debedores: a sua debeda publica e privada é a máis grande do mundo e xa non teñen a posilidade de financialo. Eso pon aos EE UU ao borde da quiebra.

Hoxe a máquina de engrasar a economía mundial, é dicir, a de facer dólares, esta avariada. Ninguén confía nunha moeda que se basea nunha economía en despezamento -a primeira potencia do mundo non foi capaz de reconstruír Nova Orleans, e non é por racismo, é por algo moi pouco “ideolóxico”, é porque non teñen diñeiro para facelo, ben que reconstruiron Os Angeles despois do terremoto nos 90-, unha economía que depende de que as burguesías “emerxentes”, en concreto, a China non poña en circulación os miles de millóns de dólares que ten nos seus reservas.

E ao revés. Esta avariada porque á burguesía chinesa non lle faría ningunha graza que esas reservas se visen devaluadas porque a burguesía ianqui necesita darlle á “maquinita” de facer diñeiro para engrasar a economía.

 

O silêncio sobre China

Resulta sorprendente o silencio que hai en toda esta crise sobre o país “emerxente” máis importante, China. Pode que moitos subestimen ou interesadamente agachem o contido profundo desta crise.

Cando se compara coa do 29 omitese un dos elementos centrais desa crise: a brutal competencia antiimperialista que a acompañou, e que desembocou na II Guerra Mundial, segundo acto dunha traxedia comezada en 1914; cando Alemaña puxo as súas cartas sobre a mesa da repartición do mundo.

É un feito que en períodos de crise económica, os estados reforzan as súas fronteiras como unha medida de garantía do seu mercado, é dicir, do marco no que se produce a acumulación de capital, que é o dos estados nacionais (por iso non desaparecen, a pesar das Unións Europeas e demais).

Refórzanse as tendencias autárquicas da burguesía. Pero ao tempo, modifícanse as relacións entre os capitalistas, nacionais e internacionais; desaparecen sectores e empresas, unhas cómense a outras. As que antes dominaban un sector da economía caen como castelos de naipes; mais, como non existe a nada, o espazo é cuberto por outra máis produtiva que permitiría explicar o novo papel de China.

As leis do capitalismo son automáticas, escapan á planificación humana, e o capital nunca fica quieto. Sempre busca a rendibilidade.

E os estados expresan esta loita constante. Por utilizar o símil de Hobbes cando dixo que “o home é un lobo para o home”. Hobbes, filosofo do capitalismo nacente, estaba a definir ao “home capitalista” e o “estado capitalista”. E así funciona. Como vexan síntomas de debilidade nalgún, lánzanse como “lobos”.

Pois ben, percibiron que o até hoxe capitalismo hexemónico, os EEUU, está ferido de morte: a súa moeda o dólar xa non é o único refuxio nin a única graxa para o sistema, o seu control do mercado mundial vai en tendencia decreciente -de controlar máis do 80% do mercado pasou a controlar o 60%-. Militarmente, aínda que conserva o exército máis poderoso do mundo, está estancado en dúas guerras que non vai gañar. É un lobo ferido, que busca non perder máis cota de poder -de aí, por exemplo, o rotundo rexeitamento á presenza do Estado Español no Cume do 15 de novembro, a EE foi o que máis competencia lle fixo no seu antigo patio traseiro, America Latina-.

E China? Pois iso, se nos anos 20 os EE UU convertéronse nos banqueiros de Gran Bretaña, hoxe China é o banqueiro dos EE UU: tiña no 2007 1.4 billons de dólares nas suas reservas. E non o dubidemos, como o xudeu de Venecia, vai a querer cobrar a sua parte en diñeiro contante e sonante.

 

Cara a unha nova repartición do mundo: refundar o capitalismo

Nun antigo texto dicía que o fracaso do Cume da OMC de Seattle no 99 expresaba a incapacidade do sistema para establecer unha repartición do mundo entre as potencias imperialistas tras a restauración do capitalismo, e sinalaba que mesmo potencias secundarias como China ou Rusia, apoiadas no seu indiscutible poderío militar (o poder esta en a punta do fusil), pedirían o seu parte na torta.

Esta contradición marcou moitos dos acontecementos destes anos, pero os EE UU, sobre a base da incapacidade da UE para ir máis ala dun acordo entre bandidos, e sobre todo da súa hexemonía militar e política, foron sorteando os problemas.

Pero o estancamento en Iraq e Afganistan, as derrotas do seu enclave sionista a mans de Hezbola e, como remate, o estalido nos USA da crise, puxo sobre a mesa que en realidade son como os vellos “fidalgos” casteláns, que co chapeu de á ancha e grandes capas tapaban as súas misérias.

A profundidade desta crise -que non é a primeira que se dá nos USA nos últimos anos, a das “. Com” detonou tamén en Norteamerica e a dos “bonos lixo” dos 80 tamen- só destapa esas misérias e demostra ante o mundo o que os medios de propaganda conseguiran ocultar, a gravidade da decadencia da que foi a primeira potencia mundial.

Por este motivo todos falan de “refundar o capitalismo”. Non van acabar coa explotación da clase obreira, non van acabar co saqueo do mundo, só van “repartirllo de novo”. A crise vai establecer novas correlacións de forzas, novas alianzas -coa xa existente entre China, Rusia, e India como observadora, con varios estados da ex URSS, chamado acordo de Xangai-.

A reunión do 15 de novembro en Washington non vai resolver a crise, só vai pór de manifesto que as potencias capitalistas buscan unha nova repartición sobre a base a nova correlacion de forzas, na que o binomio PIB armamento vai ser decisivo.

Uns, como o Estado Español alardean de PIB cun exercito de andar por casa, outros como Rusia ten un PIB deprimido, pero conta co segundo exército do mundo e eficaz, como demostrou destruíndo o exercito xeorxiano -con asesores ianquis e sionistas- nun día. Outros como China, xuntan PIB con armamento. Sarkozi quere exercer dun novo “Napoleon”, á fronte da vella Europa. E os USA a defender o que todos estes anos dominam.

 

A perspectiva

Evidentemente nada bo sae destes cumes: reúnense os bandidos para ver quen queda coa parte do león da explotación dos traballadores e traballadoras.

Entre eles están moi divididos, a crise divídeos; pero a loita de clases úneos. A crise, a apropiación dos beneficios xerados polos traballadores, pode conducilos á guerra -que non é máis que outra manifestación da barbarie capitalista, pois a súa existencia enraíza na loita constante polos beneficios e os mercados-, aínda que neste momento non sexa a hipótese máis probable, aínda que non descartable que a curto prazo haxa guerras parciais como a do Caucaso ou agresións a países como foi Iraq.

Pero o que se vai acordar é como aumentar a explotación dos traballadores, como extraer máis plusvalía ampliando xornadas laborais, desregulando, privatizando o rendible e estatizando as perdas, etc.

Para os traballadores e os pobos, a perspectiva da reunión do 15 de novembro só é organizanse para loitar por unha sociedade o servizo da sociedade, polo socialismo; ou o capital só vai crear as condicións para un aumento da explotación.

 

Oleiros, 24 de Outubro de 2008

Roberto Laxe

 

 

Posted by at 18:53:08 | Permalink | No Comments »

Thursday, September 25, 2008

SOBERANÍA ALIMENTARIA OU DEREITO Á ALIMENTACIÓN

Roberto Laxe

As mobilizacións en corenta países contra a suba dos prezos agrícolas en produtos de primeira necesidade, as dos pequenos e medianos propietarios campesiños, que tanto en países como Arxentina como na Unión Europea mobilizáronse contra a imposición de prezos polas multinacionais ou de medidas que recortan as rendas agrarias, a sobreproducción de certos produtos, ligada á queda dos prezos doutras, e a especulación ao redor deles, converteron nun problema social e político central o que deu orixe á burguesía como clase dominante, a propiedade da terra, e porén, o dereito á alimentación.

Da mesma maneira que a explotación da forza de traballo ten os seus límites expresados na tendencia decresciente da taxa de lucro, a expansión da agricultura capitalista atópaos na produtividade da terra, base da renda diferencial da terra. Exprésase así, dunha maneira clara e meridiana, que nos atopamos diante dun proceso que avanza cara a unha profunda transformación social, que non necesariamente ten que ser cara adiante. A disxuntiva “socialismo ou barbarie” é máis actual que nunca.

Os límites á expansión cuantitativa do capitalismo comezan a ser obxectivos, ou o que é o mesmo, a posibilidade de apertura de novos mercados choca frontalmente co feito de que no século XXI o único modo de produción, que non coexiste con ningún outro, é o capitalista.

Mentres ao longo do século XIX o capitalismo cinguir a Europa e América (norte e sur), aínda que convivise nestas zonas xeográficas cos restos do feudalismo (Rusia ou Austria) ou modos de produción previos (os indios americanos), tiña todo un mundo por conquistar: África!; ao que se lle engadiu, no século XX a URSS e despois os chamados estados do “socialismo real”, que pola vía da expropiación da burguesía escapaban da explotación directa da forza de traballo.

Coa colonización de África no século XIX e comezos do XX, e a restauración do capitalismo no “socialismo real” a finais do XX, o modo de produción capitalista alcanzou hoxe un nivel planetario sen combinación con ningún outro modo. Deste xeito, a expansión cuantitativa dos mercados chegou o seu teito: xa non quedan zonas no mundo para que sexan incorporadas ao mercado mundial, e polo tanto, este camiño como vía de escape á crise económica esta pechada. Agora só cabe unha explotación intensiva, de cualidade das principais forzas produtivas, o ser humano e a terra.

 

Nos períodos de crises e transformación social como a que atravesamos xorden, desde os sectores oprimidos e empobrecidos da sociedade, alternativas coas que enfrontala.

A primeira coñecida da era do desenvolvemento capitalista foi a de Robert Owen, quen fundou en 1825 a Comunidade de New Harmony en Indiana, onde tratou de levar a practica as súas ideas sobre a organización do traballo e a distribución da riqueza, establecendo o seguro social, bibliotecas, escolas para nenos e adultos, e outras prestacións para os obreiros. Pero o experimento fracasou e tivo que vender o terreo en 1828, perdendo con iso unha boa parte da súa fortuna

Pouco tempo despois xurdiron os falansterios de Fourier, que serían comunidades rurais autosuficintes, como a base da transformación social. Os falansterios crearíanse pola acción voluntaria dos seus membros, que dispuña de terras para agricultura e para diversas actividades económicas, para vivendas e para unha gran casa común. Só houbo unha experiencia industrial de Jean Baptiste Godin, que callou un curto período de tempo.

Até este momento, os filántropos como Godin ou os chamados socialistas “utopicos” como Fourier ou Owen pretendían transformar as penosas condicións de traballo que xeraba o capitalismo na súa expansión. Son exemplos máis radicais do que facían as sociedades filantrópicas, amortecer os elementos máis duros dun capitalismo en expansión.

As únicas experiencias que estaban ligadas a este carácter “socialista” da proposta, e que “sobreviviron” ate agora foron os kibbutz creados a partir do chamado “sionismo socialista”, e fixérono porque foron os cimentos do actual estado de Israel. Despois dun éxito inicial como experiencias “igualitarias” e “sustentables” (por utilizar un termo actual), están inmersas nun proceso de privatización e de rexeitamento do “igualitarismo” que lles deu orixe.

Nos comezos do século XX, e coa expansión do capitalismo a todo o mundo, e o desenvolvemento do imperialismo e as clases medias urbanas, un sector da socialdemocracia alemá con E Berstein á cabeza, elaboran a teoría da vía gradual ao socialismo, que parte do feito de que a clase obreira é maioritaria na sociedade, e o parlamentarismo permitiralle dominala. Nas palabras de Rosa Luxemburgo, a proposta de Berstein procuraba encher o océano de limonada “vertendo vasos de limonada no mar”.

A I guerra de 1914, o crack do 29, as ditaduras fascistas e a II guerra, desatadas contra a clase obreira e contra todas as organizacións que de calquera xeito puidesen paliar as desastrosas condicións dos traballadores e os pobos, deixaron ben claro que tanto as vías gradualistas ao socialismo, como os remiendos filantrópicos ou as experiencias de “socialismo utópico”, eran iso, utópicos. A burguesía imperialista non admitía a menor marxe de manobra e non dubidaba en recorrer ás súas dúas ferramentas máis brutais para saír da crise que ela xerara, a guerra e o fascismo.

Nos 60, tras o boom da economía mundial da postguerra, e ante os primeiros síntomas do seu esgotamento, xurdiron os movementos hippies que, a través das comunas que se estenderon entre amplos sectores da mocidade occidental, buscaban unha alternativa a un sistema que estaba a xerar guerras como a do Vietnam. O final do movemento hippie é de todos coñecido.

Mentres, na America Latina, en Asia e nos países do chamado “terceiro mundo”, é dicir, as colonias do imperialismo danse un proceso de liberación nacional. Son as guerras de liberación de Alxeria, Vietnam, Cambodia, Laos, Sahara, etc., etc. Son os anos do auxe das guerrillas en América Latina baixo o influxo da revolución cubana, que buscan unha saída a unha crise da que se empezan a ver os seus primeiros síntomas, e que estalase no 72 e 73.

Sen querer facer un balance das experiencias históricas dunha procura de alternativas ao sistema desde sectores sociais que non son a clase obreira -sería motivo dun estudo moito máis amplo-, esta relación só pretende establecer unha primeira tese: non é a primeira vez que ante a crise do capitalismo cada sector social agredido, golpeado e empobrecido procure, por todos os medios, unha saída á súa situación. Ningunha clase nin sector social desaparece sen resistencia.

 

A fase imperialista do capitalismo

 

Atopámonos nunha fase moi concreta do capitalismo imperialista, na súa fase de decadencia; na que o dominio do capital financeiro e as grandes multinacionais bate día si e día tamén coas fronteiras e os estados nacionais, que son un freo ao seu desenvolvemento.

Porque esta é a contradición central na que nos situamos: o capital é xeneticamente internacional, e polo tanto “odia” as fronteiras, os aranceis, os limítes á súa expansión; pero as burguesías son xeneticamente nacionais, e necesitan das fronteiras para protexer os seus intereses, ben contra os competidores externos, ben contra o inimigo interno, a clase obreira e o pobo.

Nesta contradición permanente, nun período de crise, as burguesías comezan por levantar fortes fronteiras nacionais que lles protexan das agresións externas, da invasión de capitais máis poderosos. Péchanse sobre se mesmas.

A fase imperialista do capitalismo tamén é a fase na que o dominio do capital financeiro exprésase no dominio dunhas nacións sobre outras, duns estados sobre outros. O colonialismo directo do século XIX é substituído pola independencia formal, política dos estados, pero a súa dependencia cada vez máis absoluta das potencias imperialistas, nun proceso inevitable pero non pechado.

Dito doutra forma, o capital imperialista no século XX e o XXI domina por intermediación das burguesías “nacionais”, nunha dialéctica constante de loita e predominio. As burguesías nacionais foron reducidas a nivel de dependentes, pero como burguesías que son sempre queren o seu parte da plusvalía extraída aos traballadores.

Sempre deixan a mellor parte para a potencia imperialista de quenda, pero sempre buscan “rapiñar” parte dos lucros imperialistas. Doutra maneira, non se entendería a aparicion constante nas semi colonias de dirixentes populistas (non hai semi colonia no mundo que non teña o seu Peron, o seu Ghandi, o seu Chavez ou o seu Sukarno ou o seu Mugabe), que a cabalo sobre as aspiracións reais das masas, queren facerse “socios” do imperialismo, deixando de ser “súbditos”.

E para iso, recollendo lexítimas aspiracións das masas, sitúanse como Bonapartes, fora das clases sociais, representando á “nación” fronte ao “imperio”, que levan o progreso á “nación”, e facendo eixo nos aspectos máis pequeno burgueses das aspiracións das masas populares, especialmente o campesinado, posto que a gran burguesía deses países están absolutamente ligados ao imperialismo, e a clase obreira tende a ter a súa política independente.

 

Política agraria imperialista

 

Os países imperialistas fomentan a súa soberanía nacional alimentaria, protexendo dunha maneira sistemática o seu campesinado, que na súa maioría hai anos que se converteu en burguesía.

Na Francia, tras a revolución de 1789, a reforma agraria profunda que se realizou provocou a aparición dunha burguesía agraria, na Gran Bretaña tanto a Revolución de Cronwell como a chamada “gloriosa” revolución -que non foi máis que o pacto entre os terratenientes feudais e a nova burguesía en ascenso- tiveron como obxectivo transformar a produción agrícola feudal en capitalista e sentar as bases para a revolución industrial posterior. Nos EE UU, o seu paso directo ao capitalismo fíxose sobre a base dunha repartición das terras supostamente baleiras do oeste.

En todos os casos, as reformas agrarias permitiron á aparición dun novo sector da burguesía, a agraria, que constitúe, coa clase media urbana, a base social das democracias occidentais. Non é por casualidade que o esencial dos orzamentos da Unión Europea váiase á PAC (Política Agraria Común), a subvencionar a produción agrícola do campesinado europeo.

A PAC acapara perto de 50.000 millóns de euros anuais, o 50% do orzamento comunitario, polo que non é de estrañar que sexa na PAC onde os choques entre as potencias que compoñen a UE sexan dos máis duros.

Aínda que en Europa a porcentaxe da poboación no campo sobre o conxunto sexa minoritario, e en países como Gran Bretaña ou Alemaña non chegue sequera ao 5% da poboación, non resta que desde un punto de vista económico, a achega ao PIB é importante, como político e social teñan un peso superior á poboacional.

A PAC contribuíu ao crecemento económico, garantindo a subministración dunha ampla gama de produtos alimenticios de calidade tentando que os prezos sexan razoables. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos agrícolas a nivel mundial.

A “soberanía” alimentaria é, en fin, desde o punto de vista imperialista (en Xapón dase o mesmo proceso,  ser a 2º economía do mundo, permítelles adoptar medidas de soberanía alimentaria respecto da súa produción agraria “estrela”, o arroz), máis do mesmo, políticas defendendo a un sector da produción en detrimento de outros países.

Se esta contradición dáse entre potencias imperialistas como as existentes entre os USA e á UE achega do plátano e o banano, son “guerras comerciais”. Se esta contradición dáse entre as potencias imperialistas e as semicolonias, falamos de loita de liberación nacional.

 

Campesinado e liberación nacional

 

O campesinado como grupo social é a quintaesencia desa concepción de “nación” por encima das clases. Así, cando se fala do tema, esquecese sistematicamente que no seu seo hai diferenciación de clases. Nun informe  da OIT, no mundo hai mil cen millóns de persoas no rural, dos que a metade son asalariados con rendas e condicions sociais inferiores aos pequenos propietarios.

Desde un punto de vista simbólico, o campesiño non explota aos seus empregados, porque normalmente o seu enfrontamento co terrateniente, e agora a gran multinacional agroalimentaria, ocultan o seu verdadeiro carácter de pequeno propietario cunha renda, en moitas ocasións, inferior á dun obreiro industrial.

Desta maneira, o campesiño, como o pequeno comerciante ou o pequeno industrial, preséntase diante da clase traballadora como un elemento emprendedor, arriscado fronte ao conservatismo dos obreiros, que “só” defenden o seu salario, a súa xornada laboral, mentres eles xeran emprego, son a base social da “nación”, do seu progreso.

Nas potencias imperialistas este pequeno ou mediano campesiño defende os seus intereses, habitualmente a través de partidos de dereita ou de extrema dereita, posto que o peche de fronteiras, impulsado polas mesmas multinacionais que saquean o mundo (os USA e a UE son os mercados máis pechados do mundo), faise sobre a base de subvencións do estado que abaratan custos e o desenvolvemento tecnolóxico permiten producir nunhas condicións mellores que nos países semi coloniais (por exemplo, produtividade agrícola en Suecia multiplica por dez a media mundial). A defensa da “nación” imperialista é a defensa dos intereses imperialistas.

Pola contra, a debilidade económica, e a súa dependencia do imperialismo para case todo, fai que nas semi colonias o campesiño pobre non teña a menor proteccion, primeiro da rapiña das multinacionais, e segundo, da competencia dunha produción agrícola tecnificada e altamente produtiva.

Isto convérteos na base social das loitas da liberación nacional, posto que pecharse sobre si mesmos nestas economías protexe os mercados nacionais da invasión “estranxeira”, imperialista. Romper co imperialismo permitiríalles unha economía autarquica e, poren, segundo as súas ilusións facer o que fixeron os campesiños europeos e norteamericanos fai 200 anos, a revolución burguesa que lles deu a propiedade da terra.

 

Soberania alimentaria e liberación nacional

 

“A soberania alimentaria é o DEREITO dos pobos, dos seus Países ou Unións de Estados a definir a súa política agraria e alimentaria, sen dumping fronte a países terceiros…

“ Fai falta, baixo a égida das Nacións Unidas, dotar estes intercambios dun novo marco… “

Da Declaracion de Via Campesiña sobre a Soberania Alimentaria.

A pregunta ante esta declaración de intencións é ben evidente: quen pode garantir é soberanía, eses dereitos dos campesiños e consumidores. A mesma declaración contesta: “baixo a égida das Nacións Unidas”.

Francamente os redactores da Declaración ou son uns inxenuos ou son uns canallas. Por que fiarse da ONU, é dicir, o agrupamiento de estados dominados polas potencias imperialistas, onde tres das máis saqueadoras do mundo, os USA, a Gran Bretaña e Francia, teñen dereito de veto no Consello de Seguridade, é porse en mans dun organismo que, ou ben, avala ataques a países semicoloniales ou ben coa súa impotencia, permite que se destrúan outros.

Desta maneira converten en papel mollado as promesas de “soberanía” alimentaria, ao chamar a confiar nun organismo imperialista: “a raposa gardando o galiñeiro”, podería titularse a Declaración.

Ao revés do que defenden, a soberanía alimentaria, é dicir o dereito a definir unha politica agraria e alimentaria, sen intrusiones das multinacionais e as potencias imperialistas só se pode lograr rompendo cos organismos que as representan, coa ONU, co TLC, coa UE, etc., e avanzando en verdadeiras unións territoriais en pé de igualdade. Federacións democráticas de estados e nacións que rompan o esquema de dominación imperialista que hai hoxe no mundo.

Este camiño só ten un nome, o da independencia nacional real do imperialismo. A soberanía alimentaria só é concebible nun marco de verdadeira soberanía nacional, por iso o primeiro eixo da loita por eses dereitos debe ser a denuncia e o combate contra os organismos impostos polas multinacionais, comezando pola ONU. Xusto o contrario do que fai a declaración de Via Campesiña,.

Entregar toda a confianza na ONU é entregarse aos estados que representan a Monsanto, a Nestle, a Pescanova -non esquezamos que o problema da terra é moi semellante ao da explotación dos mares-, é dicir, ás multinacionais agroalimentarias, e poren, contraditorio polo vértice co termino soberanía alimentaria, salvo que por ela enténdase a estreita defensa do dereito do campesiño propio a enriquecerse máis que os veciños.

Un exemplo desta contradiccion na Galiza produciuse coa destrución de 25 mil litros de leite de gandeiros portugueses, máis barata que a galega; para as organizacions patronais gandeiras galegas “a soberanía alimentaria” dos gandeiros galegos é máis “soberanía” que a dos portugueses.

 

O mercado garantía da soberanía alimentaria e nacional

 

Como se viu, a soberanía alimentaria (“o DEREITO dos pobos…”) nos estados imperialistas esta relativamente garantida e protexida polas normativas tanto internas, como a da UE a través da PAC. A soberanía dos estados imperialista garante uns mínimos ingresos ao campesinado.

E como se denuncia desde todos os ámbitos, nos estados semicoloniales, esta soberanía non existe. Son os organismos internacionais, desde o FMI até a OMC, desde a ONU até o BM, os que coas súas políticas neoliberais, liberalizadoras, as que impoñen as normas pola que se rexe o saqueo da terra e o mar a nivel mundial.

A burguesía en todas as súas revolucións do século XIX procurou estender a propiedade e a produción capitalista a todos os ámbitos da economía e a sociedade, e pola vía da reforma agraria á terra. Nos estados máis desenvolvidos isto conseguiuse plenamente. Non así nas nacións que por calquera motivo non foron capaces de completar o seu proceso de independencia nacional, e a reforma agraria, como outras moitas reivindicacións democráticas, no mellor dos casos ficaron no medio camiño; mais as leis do mercado capitalista entraron na produción agraria, introducironse e foron destruíndo todas as formas de produción previas en practicamente todo o mundo.

As loitas de liberación nacional de mediados do século XX abriron en moitas nacións a expectativa da reforma agraria, e así sucedeu, por exemplo, en practicamente toda América Latina, onde se reproduciron diversas versións legais de reforma agraria.

O capital entraba definitivamente na terra e púñaa ao seu servizo, nun proceso agudizado nos últimos anos, coa aparición do bio combustibles, as crises financeiras, a procura de alternativas ao petróleo, etc., que levo a fraccións do capital non ligado directamente á produción agrícola a fortes investimentos no campo, terminando cos poucos restos de produción a pequena escala que existían.

A reforma agraria, en todas as súas variantes puras ou desvirtuadas, cumpría o seu papel histórico: servira para levar ao capitalismo ao campo. E como todo proceso capitalista, actuaron as leis deste sistema de concentración e centralización de capital.

Da mesma maneira que o capital na súa orixe disolveu aos gremios para liberar man de obra barata e “libre” para ser explotada polos capitalistas, e xerou unha ampla pequena burguesía que foi desaparecendo coas fusións e a aparición do gran capital, no campo, a repartición da terra que supón a reforma agraria só é a precondición para a aparición de grandes capitalistas na produción agraria.

As leis de mercado nas que se basea a reforma agraria -división da propiedade da terra- só teñen un final, a concentración e a centralización do capital agrario en poucas mans. É unha lei intrínseca ao capital, vulgarmente coñecida como “o peixe grande cómese ao pequeño”.

A definición da Soberanía Alimentaria como o dereito dos pobos a defender a súa política agraria e alimentaria é contraditoria coa existencia do mercado. As leis do mercado –“a man escura do mercado”, en definición do Adam Smith- son inexorables e automáticas, e non admiten control: só garanten que os capitais mellor investidos van ter unha rendibilidade superior, e, tarde ou cedo expulsan da produción aos capitais peor investidos. A concentración e centralización do capital producirase e os gobernos lexislaran para que este proceso sexa máis ou menos traumático.

A única garantía dunha verdadeira Soberanía Alimentaria para os pobos é acabar coas leis de mercado capitalistas, as mesmas que provocaron a desaparición do artesanado, que nos países imperialistas concentraron a produción até extremos de monopolio en moitas ocasións, que saquean a terra e o mar na procura constante de investimentos rendibles. Son, en fin, as leis do capitalismo que non garanten a soberanía de nada, posto que se basean na loita a matar polo control da produción e do excedente xerado por ela.

Fronte a este caos, a concepción de Soberanía defendida actualmente é unha volta atrás: é unha ilusión en que “calquera tempo pasado foi mellor”. Unha ilusión na repartición da terra, como da produción, en que “o pequeno é hermoso”, por utilizar unha definición dun economista dos 50/60, Schumpeter, elaborada contra a suposta concepción marxista de que “o grande e colectivo é o mellor”.

Nun remedo das experiencias propostas nas orixes do capitalismo para superar os desastres xerado por este, as propostas de control de prezos, de proteccionismo, de defensa de dereito a consumir e a producir o que se queira, sen cuestionar a esencia anárquica e depredadora do mercado converte en papel mollado, nun saúdo á bandeira para incautos, toda proposta de Soberanía que non atenten contra as bases mesmas do sistema capitalista, contra o mercado e a propiedade privada dos medios de produción.

A única garantía do dereito dos pobos a unha alimentación sa é a de acabar con estas bases, e a proposta campesiña de máis propiedade e máis mercado só conducen en dirección contraria.

 

Quen, entón, pódeo garantir?

 

O dereito á alimentación sa (que non é o mesmo que Soberania Alimentaria), como á vivenda, á sanidade ou á educación, é, por dicilo dalgunha maneira, un “dereito biológico” do ser humano. Son dereitos básicos.

Da mesma maneira que a vivenda non se garante con máis mercado, da mesma maneira que a privatización da sanidade só conduce a converter a saúde nun negocio, de igual maneira que a privatización da educación expulsa do ensino aos máis pobres, a privatización da terra que supón a reforma agraria só conduce a que o dereito á alimentación queda en mans dos propietarios, grandes ou pequenos, da produción agrícola.

Ao ser dereitos básicos da poboación, e non un negocio, só un estado que non este ao servizo dos propietarios e do mercado pode camiñar na planificación democrática e racional da produción. O mercado, sexa no sector que sexa, só paga ao mellor investidor, ao máis produtivo, non ao que xera unha produción ao servizo das necesidades sociais, senón ao que produce nas mellores condicións respecto dos seus competidores.

Acabar con este caos na produción supón acabar coa propiedade privada e planificar en función dos intereses sociais, que é o significado do concepto “socialismo”: o conxunto da sociedade é a quen ten que determinar qué, cándo e cómo se produce, nengún sector da sociedade pode impor ao conxunto esas decisións, e menos, facelo en función da rendibilidade dos seus investimentos.

 

Galiza, a 25 de setembro de 2008


 

Posted by at 17:52:54 | Permalink | No Comments »

Monday, August 25, 2008

O NON IRLANDÉS E ALGUNHA CONSIDERACIÓN SOBRE A CONSTRUCCIÓN EUROPEA

Carlos Dafonte

O “non” maioritario dado polo pobo de Irlanda no referendo sobre o Tratado de Lisboa, abriu toda unha serie de reflexións nos medios de comunicación, entre diferentes persoas relacionadas coa política e foi tamén motivo de discusión e debate entre as xentes do común preocupadas polo xeito en que se esta a levar a construción da Unión Europea.

En primeiro lugar hai que dicir que na lóxica da súa construción, este “non” debe paralizar o proceso de ratificación do Tratado; é o acordado, é o democrático, pero parece que o acordado diante deste atranco imprevisto, agora xa non vale e deste xeito si antes a construción europea era un proceso marcado pola falla de democracia, a partires de agora se convirte nun “cambalache” no que todo vale, con tal de acada-lo obxectivo final establecido polos intereses económicos dominantes.

Tamén é grave que ó calor da postura do pobo irlandés, téntese desacreditar, por parte dalgúns sectores políticos que se consideran á esquerda, as razóns que levaron a ese non: que se hai unha grande influenza no mesmo da administración dos EEUU, se esta en consonancia coa súa posición reaccionaria a favor da pena de morte e contra do aborto, etc. Descoñezo as razóns que levaron a unha maioría do pobo irlandés a votar non, pero o xuízo de intencións paréceme denigrante e “postura de mal perdedor”. Cando o que verdadeiramente debían reivindicar estes sectores era a celebración de referendos en todos os países e non ratifica-lo Tratado de Lisboa dun xeito clandestino e de costas ós pobos, como se esta a facer.

Pero hai un feito ineludible que é necesario plantear para entender ben o que é a Unión Europea; os primeiros organismos unitarios nacen non como resultado do pensamento de seres excepcionais, cunha visión particular do que debe ser un continente gobernado democraticamente, con respecto ás diferentes culturas, nacións sen estado,etc, que é o que nos queren facer cree-los propagandistas da Europa do capital, sobre os homes e mulleres que sentaron os alicerces da actual Unión, ós que moitas veces chaman “visionarios”, senón que a actual UE nace como resultado das posicións de personaxes como Wiston Churchill que xa expón no ano 1946, en Zurich, como resultado da consolidación da URSS, dos avances dos partidos comunistas en numerosos países europeos, gobernaban en coalición en Italia, Francia, Bélxica e Dinamarca, a necesidade de tentar buscar unha saída dialogada para as contradicións intercapitalistas europea, que dende principios do século dirimíanse por medios pouco pacíficos: dúas guerras en 25 anos. Agora, de continuar por ese camiño, as burguesías podían ser desprazadas do poder polo movemento obreiro maioritariamente influído polo comunismo. A segunda grande idea de Churchill foi a necesidade de establecer un “pano de aceiro” para evitar que o comunismo seguira avanzando por Europa occidental; como resposta lóxica a este postulado prodúcese a intervención imperialista en Grecia que fora liberada dos nazis polas guerrillas de tendencia comunista e a expulsión dos partidos comunistas dos gobernos da Europa capitalista.

É pois, a necesidade de buscar solucións pacíficas ás contradicións intercapitalistas, as que levan a aparición da Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro; a defensa do capitalismo por enriba de todo.

Na etapa de expansión económica que vai dende o final da Iiª Guerra Mundial ata finais dos anos sesenta, poucos pasos se deron na construción europea. Acelérase o proceso ó entrar nunha etapa recesiva a nivel económico e cando as contradicións entre as burguesías nacionais vólvense poñer en evidencia; e sobre todo despois da desaparición da URSS, da restauración capitalista no leste de Europa, e a perda de forza da esquerda na Europa occidental ata, podemos aseverar, a súa desaparición. Pero que a esquerda tradicional europea se atope hoxe en bancarrota, refírome fundamentalmente ós partidos comunistas e algúns socialistas que non se reconverteron ó neoliberalismo, non indica que non haxa unha parte dos cidadás europeos que manteñen posicións da esquerda tradicional e outra que mantén posicións que podemos definir como “anti- globalización neoliberal”, aínda que non apareza con claridade unha alternativa ó sistema capitalista.

Estamos pois nun proceso pulado pola burguesía imperialista europea que aproveita a febleza do pensamento e da organización da xente da esquerda, para aceleralo e impoñer unha construción da Unión Europea antidemocrática, que é o propio do capitalismo, e que sexa un instrumento ó servizo dos seus intereses económicos, nestes etapa de crise, que abre de novo un período de contradicións entre os diferentes sectores da burguesía a nivel mundial. Un modelo excluente da maior parte da poboación.

E nesta perspectiva é importante subliñar tamén, que a construción da UE atopa importantes atrancos por parte dos EEUU de Norteamérica, que utiliza a fondo o seu instrumento máis eficaz, a OTAN, para materializar esta política: guerra de Iugoslavia, ingreso de países da Europa do leste antes da súa incorporación á Unión Europea, enfrontamento con Rusia, asentando mísiles en Polonia e a república Checa o que dificulta as relacións coa Unión nunha cuestión vital como é o subministro de petróleo e gas, etc.

Nestas circunstancias, inclusive entre sectores que se consideran da esquerda, pode medrar a opinión de que o importante é que a Unión se consolide, a calquera prezo, que xa chegarán tempos mellores nos que se poidan introducir modificacións fondas no que hoxe se aprobe. Están cegos os que así pensan, e o que nos indican é que deixaron de ser esquerda; apostan pola consolidación do modelo capitalista máis depredador, antidemocrático e agresivo, só superado polo fascismo e o nazismo.

En Galicia no mes de agosto de 2008

Posted by at 10:33:52 | Permalink | No Comments »